![]() |
Imaxe: Santos Álvarez (FdV) |
Sumámonos ao rechazo colectivo que dende a agrupación socialista de Marín sentimos e facemos saber públicamente. As Xuventudes Socialistas de Marín mostramos a nosa repulsa ante este tipo de actos e pedimos ao goberno local que interveña canto antes a retirar a pintada e se investigue ao autor ou autores dos feitos para que non se volvan repetir.
COMUNICADO DO PSdeG-PSOE de MARÍN:
"Dende a agrupación socialista do PSOE de Marín queremos condenar rotundamente a nova pintada fascista que apareceu recentemente no monolito que homenaxea aos fusilados polo franquismo no lugar de Cruz da Maceira.
Trátase dun acto cobarde que pretende ferir a memoria das persoas fusiladas durante o franquismo, sen embargo o cariño e recoñecemento da inmensa maioría da sociedade está precisamente cos fusilados que trataron simplemente de defender un réxime democrático e opoñerse ao levantamento militar que desencadeou a posterior ditadura franquista, ainda que eso lle costase a propia vida.
Non deixa de chamarnos a atención a estúpida frase escrita que indica "Los perdedores fuera de España" como se tras a guerra civil e a ditadura houbese algún gañador. Todos fumos perdedores porque a ditadura só deixou tras de si mortos e represaliados, dor, sufrimento, medo e ausencia de liberdade en toda España.
Instamos tamén ao goberno municipal a retirar novamente a pintada, unha ou mil veces se fai falla."
No hay comentarios:
Publicar un comentario