![]() |
Membros das XSGalicia e das XSMarín no acto-homenaxe a Emilia Pardo Bazán na Alameda. |
miércoles, 26 de marzo de 2014
Homenaxe a Emilia Pardo Bazán en Marín.
Etiquetas:
Emilia Pardo Bazán,
Galicia,
Homenaxe,
JSE,
Marín,
Memoria Histórica,
PSdeG-PSOE Marín,
XSG,
Xuventudes Socialistas de Galicia,
Xuventudes Socialistas de Marín
Acto na honra de Emilia Pardo Bazán e recollida de firmas a prol dunha Biblioteca Municipal en condicións.
Durante a mañá do vindeiro xoves 27 de marzo, nas inmediacións da Praza de España (preto do Bar Skala) membros das Xuventudes Socialistas de Marín, do PSdeG-PSOE de Marín e membros das Xuventudes Socialistas de Galicia estaremos recollendo firmas para a mellora da Biblioteca e a habilitación de locais de estudo. Entre os asistentes a os actos que as XSG Marín realizarán estan: Aitor Bouza, secretario xeral das XSGalicia e Silvia Neira, portavoz provincial das XSGalicia e Laura Requejo, secretaria de igualdade das XSG, entre outros.
Ás 16.30 na Alameda realizaremos un acto na honra de Emilia Pardo Bazán, a secretaria de igualdade das XSG leerá un manifesto, e posteriormente levarase a cabo unha pegada de carteis, nos espazos autorizados polo Concello, sobre a campaña das XSG contra a lei
Gallardón.
Ao remate, a recollida de firmas continuara nas inmediacións da Alameda Rosalía de
Castro e tamén na Biblioteca Municipal.
As Xuventudes Socialistas de Marín solicitan que o Concello se sume o vindeiro sábado á iniciativa da Hora do Planeta.
Os mozos e mozas socialistas quixeron facer un chamamento tamén para que todos os veciños e veciñas se sumen a esta iniciativa: “un xesto simbólico que impulsa a nivel mundial a Organización Ecoloxista WWF, e que este ano terá lugar este sábado 29 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas”.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín declarou que “cada ano, moitísimas cidades de todo o mundo amosan o seu apoio a esta campaña apagando as luces dos seus principais monumentos e edificios, Marín non debe ser menos”.
As Xuventudes Socialistas de Marín solicitaron mediante unha petición por rexistro que o Concello de Marín secunde o próximo 29 de marzo a iniciativa que todos os anos a Organización Ecoloxista WWF leva a cabo. A agrupación local de Xuventudes Socialistas quere destacar a importancia de que non so os veciños secunden esta iniciativa, senon tamén que as administracións locais deben dar exemplo para concenciar sobre a importancia que ten o aforro enerxético.
O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, pide “ao actual goberno local que se fomente o uso eficiente dos recursos enerxéticos, e se aposte por tomar medidas de aforro enerxético nas instalacións municipais e na vila”. “O Concello ten que poñerse ás pilas neste ámbito porque a crecente subida do recibo da auga e do lixo, buscar conflictos cos donos de cans na contra de apostar por políticas que non dividan aos marinenses, ou que ENCE patrocine eventos locais, non é política de medioambiente e benestar social, se non todo o contrario, un atentado contra os benestar dos veciños”, añadiu Cortés.
Dende a organización consideran que “todos e todas temos un papel crucial na consecución de cambios de xestión, na loita contra o Cambio Climático, no cambio do modelo enerxético e tamén para un acadar un desenvolvemento sostible, pero as Administracións Públicas son as encargadas de liderar ese cambio de actitude: dende as institucións municipais, é onde se poden realizar os cambios en resposta a cuestións medioambientais coma estas, impulsando boas prácticas nas empresas e nos veciños, incentivando o consumo responsable e o uso responsable da electricidade”.
“As Entidades Públicas deben ser as primeiras en apostar pola eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións á cidadanía; Marín debe emprender a senda que a leve tamén a ser un exemplo de vila sostible, limpa e comprometida co medioambiente e a contorna natural que a rodea” concluía Nacho Cortés, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.
Finalmente, os responsables das XSG Marín censuraron “a falta de compromiso dos gobernos do Partido Popular, dos Sres. Rajoy e Feijoo na loita contra o cambio climático, poñendo sobre a mesa a nova regulación do sector eléctrico, entendendo que España e Galicia están a camiñar na dirección contraria á normativa europea e a numerosos países europeos que están a apostar polas enerxías renovables como sector enerxético estratéxico.”
Para sumarse á iniciativa poderán facelo todos os/as cidadás que o desexen a través da páxina web: http://www.horadelplaneta.es/
Etiquetas:
Campañas,
Concello de Marín,
Ecoloxismo,
Galicia,
Hora do planeta,
JSE,
Marín,
PSdeG-PSOE Marín,
WWF,
XSG,
Xuventudes Socialistas de Galicia,
Xuventudes Socialistas de Marín
domingo, 9 de marzo de 2014
Recollida de firmas e propostas para a mellora da Biblioteca Municipal e a habilitación urxente de máis espazos para o estudo en change.org
Os mozos e mozas socialistas consideramos un gasto innecesario que o estudantes marinenses teñan que desprazarse a outras vilas para estudar, existindo en Marín os recursos necesarios para habilitar zonas para o estudo.
As Xuventudes Socialistas iniciamos unha recollida de firmas tanto na páxina change.org coma polas rúas de Marín para respaldar esta iniciativa de demanda popular.
O pasado mes de novembro, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Marín acordarmos solicitar ao Pleno do Concello de Marín a adopción dun acordo no que se aumenten por este concello os recursos da biblioteca municipal, se habiliten locais de estudo en 2 espazos (coma mínimo) e se incremente o seu horario e o da biblioteca no período de exames. Ademáis instaron á Concelleira de Cultura a traballar pola mellora da Biblioteca municipal.
As Xuventudes Socialistas de Marín consideramos que:
1- A biblioteca Vidal Pazos, quédase pequena xa para unha poboación de 26.000 habitantes e ante a crecente demanda e masificación deste servizo: nun único espazo, os estudantes se encontran coa xente que vai ler a prensa, os socios que van recoller e devolver os libros, os alumnos que van consultar manuais e os que queren estudar, o que fai que o barullo sexa constante e impida concentrarse nos estudos.
2- O Concello pode permitirse económicamente realizar contratacións para o mantemento de aulas de estudo, proba é a recente suba de salarios a algúns funcionarios afins ao PP.
3- Na actualidade o estudantado marinense enfróntase non só á modificación da Lei de Educación do Ministro Wert, á dilapidación do Consello Escolar do Concello por parte da nova Lei das Administracións Locais, e ás inexistentes reunións periódicas deste mesmo órgano no Concello de Marín, que demostran así o interese que ten o goberno do PP en coñecer e solucionar as necesidades e carencias dos estudantes, centros educativos e de ensinanzas da vila, ao que hai que sumar a carencia de medios que faciliten a súa formación e estudo.
4- É de obriga por parte da actual Concelleira de Cultura buscar unha solución para que se poidan utilizar ou racionalizar os locais municipais existentes para que os estudantes de Marín poidan acceder a ter salas de estudo.
5 - Débese incrementar ó horario da Biblioteca de Marín en períodos de exames: decembro-xaneiro, maio-xuño e primeira quincena de xullo; segunda quincena de agosto, e setembro. Sen compararnos con outras bibliotecas, como fixo a Concelleira Beatriz Rodríguez, posto que a Biblioteca Pública de Pontevedra non é a única que ten a cidade do Lérez, polo que a demanda de ampliación de horarios da biblioteca municipal nesa cidade é normal que non exista.
6- Mellorar os recursos tanto bibliográficos (manuais de dereito, diccionarios, obras básicas da literatura universal...) coma loxísticos que se encadran tanto na planta inferior coma no salón de actos.
7- Dinamización do Telecentro municipal pois é toda unha oportunidade para a formación dos marinenses e dende a chegada ao goberno do PP está a infrautilizarse.
Finalmente, os mozos e mozas socialistas queremos concluir facendo un chamamento á Concelleira de cultura e a alcaldesa, María Ramallo: “non se escuden no que os gobernos anteriores fixeron ou deixaron de facer, e fagan vostedes, pois non fan falla moitos recursos, os espazos os teñen. Existen instalacións municipais, que con xestión e racionalización poden permitir habilitar salas para que os estudantes poidan estudar, pois é vergoñento que a actual Concelleira de Cultura, que no seu momento demandou dende as Novas Xeracións do Partido Popular a creación de locais de estudo, agora que está no goberno non queira facelo.
Entra na páxina da petición, asina e posteriormente se o desexas fainos chegar as túas propostas, serán entregadas e presentadas no Concello.

Biblioteca Municipal,
Concello de Marín,
Galicia,
PSdeG-PSOE Marín,
XSG,
Xuventudes Socialistas de Galicia,
Xuventudes Socialistas de Marín
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
XSG Marin
Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org
Etiquetas
- Biblioteca Municipal
- Bus
- Campañas
- Comparte o nadal
- Concello de Marín
- Ecoloxismo
- Emilia Pardo Bazán
- Feijóo
- Galicia
- Homenaxe
- Hora do planeta
- JSE
- María Ramallo
- Marín
- Memoria Histórica
- Nadal
- Pontevedra
- PP
- PSdeG-PSOE Marín
- Recollida de alimentos
- Referéndum
- República
- Transporte metropolitano
- WWF
- XSG
- Xuventudes Socialistas de Galicia
- Xuventudes Socialistas de Marín
Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates