lunes, 23 de diciembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín recadan máis de 900 kilos de alimentos en favor de SOS MARÍN.



Mediante a I Campaña de recollida de alimentos "Comparte o nadal", organizada por Xuventudes Socialistas de Marín, conseguiron axudar a un dos colectivos benéficos de axuda aos máis necesitados, SOS Marín.

 O secretario xeral, Nacho Cortés, fai un balance moi positivo desta primeira edición da que di que non será a última, "pois as circunstancias da xente son difíciles, e dende a política debemos implicarnos en conseguir disminuir a desigualdade social".


Dende a organización sinalaron atoparse contentos e satisfeitos coa resposta da xente na rúa e nos establecementos, "isto mostra que Marín é a súa xente son un exemplo de solidariedade entre veciños". Durante os días que se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos conseguiron recadar mais de 900 kilos, que foron doados a organización "SOS ayuda al necesitado".

Os mozos e mozas socialistas quixeron destacar a importancia de que existan cada vez máis campañas ou actos de recollidas de alimentos, xoguetes ou roupa en Marín, "pois estas iniciativas son necesarias para todos os colectivos que están a apoiar a centos de familias da vila, e a implicación de asociacións marinenses, colexios ou veciños está sendo incrible"

A coordinadora da campaña, Joanna Vilas quixo agradecer aos voluntarios da asociación benéfica marinense "SOS ayuda al necesitado" e aos seus compañeiros de Xuventudes Socialistas, polo traballo duro que levaron a cabo na recollida de alimentos: "é a nosa primeira campaña, e foi moi exitosa grazas ao traballo que fixemos entre os voluntarios da asociación SOS Marín e os meus compañeiros de Xuventudes". Despois do éxito obtido nesta primeira campaña, Joanna Vilas non desbota a realización de futuras campañas solidarias: "contamos coa solidaridade e implicación dos nosos veciños de Marín" 

O secretario xeral das XSG Marín quixo agradecer tamén a labor que están a levar colectivos como Cáritas, o Comedor Social, SOS Marín, Amenac ou o recente creado colectivo de Sor Elvira: "o importante é axudar, sexa cal sexa o colectivo, a axuda de todos para paliar a pobreza social, cada vez máis crecente".

Ademáis dende "SOS ayuda al necesitado" e as Xuventudes Socialistas de Marín quixeron agradecer tamén aos establecementos Eroski e Bikoka a oportunidade de poder recadar alimentos nos seus establecementos. Así coma tamén a todos os veciños e veciñas que participaron e se implicaron na campaña.
Ler máis

miércoles, 11 de diciembre de 2013

As XSG Marín acusan á concelleira de cultura de primar os intereses de colectivos ligados ao PP por riba dos estudantes de Marín.

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, sinalou “As oficinas de Méndez Nuñez, por exemplo, poden habilitarse perfectamente o que pasa e que a concelleira de cultura prima os intereses dun colectivo presidido por unha militante do PP, por riba dos intereses dos estudantes marinenses.”

Aclarou que esta asociación xa tiña local propio na rúa Estrada, pero en canto chegou o PP ao goberno aproveitou a política de amiguismo do concello para facerse cunhas instalacións municipais.

“Os mozos e mozas socialistas non imos permitir que dende a Concellería de cultura se siga con esta pasividade e conformismo en canto a infraestructuras, fondos, rendemento e horarios da biblioteca. É vergonzoso que aínda a día de hoxe a biblioteca de Marín so teña 2 diccionarios de inglés para toda a vila, e nin se quera dispoña de moitas obras clásicas da literatura universal. Se non é capaz de xestionar ela soa a súa competencia que non prometa no pleno do Concello o que non vai cumplir”, facendo referencia á unha das intervencións da concelleira de cultura cando se disolveu o Padroado de cultura da biblioteca.

Ademáis dende a organización sinalaron que “espazos hainos, puxemos propostas enriba da mesa. Cremos que se se queren prestar locais ás asociacións, Briz é o mellor emprazamento. O parque dos sentidos ofrece ademáis a posibilidade de facer moitas actividades ao aire libre. Cremos que as antigas oficinas de cultura ou as aulas de música deben ser salas de estudo e devolverlle a utilidade que tiveron no seu momento para a formación dos marinenses”.

Nacho Cortés aclarou que entende que todos os colectivos de Marín deben pusuir un local, “porque son os principais dinamizadores da nosa vila”, pero criticou que esta asociación que se atopa nas antigas oficinas de cultura xa tivo local propio: “cobrando cuotas aos membros, recibindo subvencións, e sen ter se quera horario ao público…  ademáis de estar estrictamente ligada ao partido do goberno.  Poden perfectamente compartir espazo con outras asociacións na Granxa de Briz, iso si o primeiro son os intereses dun colectivo máis amplo coma son os estudantes marinenses que non teñen porque pagarse o desprazamento para ter que estudiar en condicións.”

 Os mozos e mozas socialistas quixeron responder ademáis á concelleira ante a crítica que fixo do PSdeG-PSOE de Marín:

“A aula de estudo que existía enriba da biblioteca non estaba no mellor emprazamento. Invitamoslle a señora concelleira a probar a tentar estudar  cando se están a realizar actividades no salón de actos da Biblioteca”. Ademáis engadiron que a o Telecentro foi feito grazas a unha aportación de máis de 120.000 euros da Xunta.  “Grazas a este aula puidéronse formar marinenses de todas as idades. Se o goberno actual non lle quere sacar partido a este espazo é cousa súa, demostra o seu interés polos problemas da xente” puntualizaron dende a organización.

 As Xuventudes Socialistas de Marín non descartan movilizarse aínda máis respecto a este tema: “a moción era unha demanda que moitos marinenses estaban esperando que se fixese dende hai tempo, polo que non descartamos movilizacións”.

 Finalmente dende Xuventudes Socialistas de Marín lamentan a actitude da concelleira de cultura e do goberno local, “limitouse a dicir: non hai espazos, sen antes valorar os acontecementos que van suceder, nin mostrar interese na comisión municipal por levar adiante a medida. Somos conscientes de que a moción non sairá adiante, pero non daremos tregua neste asunto”.
Ler máis

viernes, 29 de noviembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín presentan a campaña de recollida de alimentos “Comparte o Nadal”.

A recollida de alimentos terá lugar entre os días 6 e 21 de decembro, todo o recaudado será doado á Asociación Benéfica marinense “SOS ayuda al necesitado”.

“A crise está a ter terribles consecuencias para moitas familias de Marín, moitas familias están sufrir por enriba das suas posibilidades a dureza da crise.  É difícil que a nosa alcaldesa se poña na pel destas familias cando o seu soldo e de máis de 6.000 euros mensuais”

                                                       Marín, 29 de Novembro de 2013


As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron esta tarde na Biblioteca Municipal “Vidal Pazos” de Marín a súa I Campaña de recollida de alimentos “Comparte o nadal”. O acto contou coa asistencia de Aitor Bouza, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia e o presidente da Asociación Benéfica “SOS ayuda al necesitado”.

“Hoxe, unha semana despois de presentar a moción coa que pretendemos gañar espazos de estudos para os marinenses e dinamizar esta infraestructura municipal, queremos mostrar o nosa insistencia en que é necesario unha acción urxente no ámbito cultural e de infraestructuras en Marín”. En palabras do secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes Socialistas.

“Máis fame e máis desemprego, esto é o que nos atopamos os marinenses co desgoberno do PP. Colectivos coma SOS ayuda al necesitado, AMENAC e Cáritas están cubrindo as necesidades e demandas de moítisima xente que se atopa en situacións críticas”.


O representante de “SOS ayuda al necesitado” mostrou o seu agradecemento ás Xuventudes Socialistas de Marín por querer colaborar con eles, e resaltou a pouca implicación por parte do goberno local con colectivos coma o seu.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, mostrou o seu total apoio ás últimas reivindicacións que se fixeron dende a agrupación local de Marín, e tamén a iniciativas coma esta, que fan visibles o efecto nocivo que teñen as políticas que  o Partido Popular está á facer.

A campaña “Comparte o Nadal” comezará o día 7 de decembro no supermercado "Bikoka" de Estribela, no que os militantes de XSG Marín e representantes de “SOS ayuda al necesitado” tentarán recaudar o máximo número de kilos posibles, para que este Nadal “todos e todas os marinenses teñan que levarse á boca”.


As Xuventudes Socialistas de Marín colgarán na rede o calendario cos días e as  tendas de alimentación nos que farán as diferentes recollidas de alimentos. Ademáis está prevista unha pegada de carteis en establecementos e espazos públicos de Marín, onde aqueles veciños que queiran colaborar terán os medios de contacto necesarios á súa disposición.

Facebook: Facebook.com/xuventudesmarin
Twitter: @XSGMarin


Dende a organización sinalaron, que de ter éxito, a súa intención sería de repetir esta campaña en próximas datas, e seguir traballando en actividades desta índole. Finalmente fixeron un chamamento ao resto de asociacións e colectivos de veciños do municipio, prestándose a colaborar todo o posible en actividades veciñais.











Ler máis

viernes, 22 de noviembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín demandan a habilitación urxente dun local de estudo en condicións para os estudantes de Marín.


“O Concello pode permitirse económicamente realizar contratacións para o mantemento de aulas de estudo, proba é a recente suba de salarios a algúns funcionarios afins ao PP” asegurou Nacho Cortés, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.

O mozos e mozas socialistas consideran un gasto innecesario que o estudantes marinenses teñan que desprazarse a outras vilas para estudar, existindo en Marín os recursos necesarios para habilitar zonas para o estudo.

Marín, 22 de Novembro de 2013

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Marín acordaron solicitar ao Pleno do Concello de Marín a adopción dun acordo no que se aumenten por este concello os recursos da biblioteca municipal, se habiliten locais de estudo en 2 espazos (coma mínimo) e se incremente o seu horario no período de exames. Ademáis instaron á Concelleira de Cultura a traballar.

O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, cree vergoñento que “os mozos e mozas de Marín non só teñan que soportar os retallos en becas e educación, e se vexan obrigados a desprazarse a a localidades veciñas case a diario para poder estudar nunhas infraestructuras en condicións.”

Riveiro declarou que: “A biblioteca Vidal Pazos, quédase pequena xa para unha poboación de 26.000 habitantes e ante a crecente demanda e masificación desteservizo: nun único espazo, os estudantes se encontran coa xente que vai ler a prensa, os socios que van recoller e devolver os libros, os alumnos que van consultar manuais e os que queren estudar, o que fai que o barullo sexa constante e impida concentrarse nos estudos.”

Dende as Xuventudes Socialistas de Marín acusan ao goberno de Ramallo de estar a facer “oídos xordos” á comunidade educativa e aos estudantes marinenses.“Na actualidade o estudantado marinense enfróntase non só á modificación da Lei de Educación do Ministro Wert, á dilapidación do Consello Escolar do Concello por parte da nova Lei das Administracións Locais, e ás inexistentes reunións periódicas deste mesmo órgano no Concello de Marín, que demostran así o interese que ten o goberno do PP en coñecer e solucionar as necesidades e carencias dos estudantes, centros educativos e de ensinanzas da vila, ao que hai que sumar a carencia de medios que faciliten a súa formación e estudo”, declararon dende a Organización.

Xuventudes Socialistas de Marín manifestaron que “os mozos e mozas de Marín temos que ter dereito á formación, a poder estudar nunhas infraestructuras en condicións, a ter a posibilidade de empregarnos na vila. Pero a realidade non é esa.  realidade é que temos escasas posibilidades de encontrar emprego na vila, ante a insostible tasa de desemprego xuvenil e as escasas medidas que esta tomando o Partido Popular en Marín en canto á creación de emprego”.

A Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Marín, Luz Santiago sinalou que “mentres o grupo socialista apostou por potenciar o uso do Padroado de Cultura e da Biblioteca intentando captar fondos públicos para facer actividades e melloras estructurais do centro bibliotecario, a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, apostou pola súa disolución, asegurando que se xestionarían mellor os proxectos culturais e o servizo da biblioteca e, o único que se fixo foron obras de mantemento da biblioteca. Por tanto instámoslle a que solucionen as demandas dos cidadáns dotando de medios que garantan o funcionamento e rendemento da biblioteca e, se creen as aulas de estudo, necesarias para a formación dos marinenses e, a darlle uso a oficina do Telecentro da propia Biblioteca Vidal Pazos, que esta infrautilizada dende que o PP chegou ao goberno municipal, apenas existen actividades formativas e ou seu horario de apertura é inexistente”.

O PSdeG-PSOE de Marín cree que a concelleira de Cultura debe facer actividades e dinamizar a cultura en Marín non saír en prensa porque a Biblioteca recibiu un libro e pictogramas. “Iso non pode ser toda a actividade que unha edil de cultura ten”.

Finalmente, os mozos e mozas socialistas queremos concluir facendo un chamamento á Concelleira de cultura e a alcaldesa, María Ramallo: “non fan falla moitos recursos, os espazos os teñen. Existen instalacións municipais baleiras dende fai moito tempo. Dende as XSG Marín propoñemos a utilización dos locais baleiros da rúa Méndez Nuñez (antigas oficinas de Cultura) ou as Aulas de Música de Cantodarea, ou inclusive as oficinas baleiras sitas na Granxa de Briz, coma posibles locais de estudo, debendo estar abertas as “aulas de estudo” 2 espazos (coma mínimo) e incrementarse o seu horario nos períodos de examenes: decembro-xaneiro, maio-xuño e primeira quincena de xullo; segunda quincena de agosto, e setembro.

O Grupo Municipal Socialista pola súa parte pídelle a Concelleira de Cultura, quen como responsable da biblioteca xestione, posto que os recursos existentes están infrautilizados e as demandas dos cidadáns sen cubrir.
Ler máis

lunes, 16 de septiembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Galicia constitúen a Agrupación Municipal de Marín.


Este luns 16 de setembro constituíuse unha nova Agrupacións Municipal das  Xuventudes Socialistas de Galicia na Provincia de Pontevedra no Concello de Marín.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, salientou “a importancia da constitución de novas Agrupacións para aumentar a presenza da Organización na nosa Comunidade e chegar así ao conxunto da mocidade galega”. 


Santiago, 16 de setembro de 2013 

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) constituíron hoxe a Agrupación Municipal  de Marín. Os membros desta nova Agrupación confirmaron “o compromiso de velar polos intereses dos mozos e mozas deste municipio”.

O secretario xeral, Aitor Bouza, indicou que “a Constitución dunha nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Galicia é unha boa noticia xa que supón a extensión da defensa dos valores republicanos, feministas, galeguistas e laicos da nosa Organización a novos ámbitos”.

Ademáis da presenza dos membros das XSG na constitución desta nova Agrupación, contou asemade coas intervencións do Secretario Xeral do PSdeG de Marín, Fran Veiga e a Secretaria de Organización, Luz Santiago.

A Comisión Executiva das XSG-Marín estará constituída polos seguintes membros:

• Secretario xeral: Ignacio Cortes Riveiro
• Secretaria de organización: Joanna Vilas Martínez
• Secretario de formación: Iván Pastoriza Pazos
• Secretario de política institucional: David Carabelos González

Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates