domingo, 14 de septiembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín respostan ao PP de Marín: “nin pes nin cabeza ten que se empeñen en tratarnos aos estudantes de Marín coma un colectivo marxinal”.

Imaxe da entrega das máis de 1.000 firmas que avalan a petición de melloras da Biblioteca Municipal,

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, quixo respostar  ao comunicado emitido polo PP de Marín  e declarou que “ é incomprensible que digan que é inviable económicamente cando están a “sacar peito” do suposto “superávit” de 600.000 euros do Concello e estanse a pagar horas extras escandalosas sen vir a conto.”

 

“Lévase  pedindo dende fai un ano a modernización da biblioteca municipal, dende o PSdeG-PSOE de Marín non se puido ter unha postura máis consensuadora para tratar de enmendar a moción presentada e conseguir sacar adiante melloras para a biblioteca. Propuxemos outros usos para ese local que pedimos, cando non sexa período de exames, coma por exemplo: a utilización como sala de traballo e talleres para os rapaces, algo que tamén está a ser demandado nos colexios ao Concello, pero aínda así hai moitas máis demandas que fixo a xente coma o sistema antirroubo ou mesmo outras propostas gratuitas”.

 

“Non se pode tolerar que a Concelleira de Cultura non tome cartas no asunto e so se adicara a rechazar todas as propostas de localización que se fixeron durante todo este tempo dende a oposición do PSdeG-PSOE, BNG e MAR-IN  nos distintos debates. Póñanse a traballar dunha vez, se estamos a demandar algo non será por inspiración divina, vai a acabar a lexislatura e biblioteca vai seguir igual que cando chegaron” añadiu Cortés.

 

 

 

 

 


                                                                                       Marín, 14 de setembro de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín queremos deixar claro que non imos tolerar que se trata aos estudantes de Marín coma un colectivo marxinal, e se pretenda tirar pola borda meses de traballo na rúa, no que as propostas que levamos a pleno son ideas da xente, desa moita xente que votou tamén ao Partido Popular. Consideramos que:

1.    Os estudantes marinenses non somos un colectivo marxinal, non temos porque crear unha asociación para que se actúe en consideración, e se nos repudie a ter acceso a un local municipal unhas poucas horas ao mes.

2.    Alegar que a creación dunha aula de estudo é inviable económicamente é un erro.  É incomprensible que afirmen iso cando están a “sacar peito” do suposto “superávit” do Concello e estanse a pagar horas extras escandalosas sen vir a conto.. Non interesamos os estudantes de Marín? Onde están as supostas becas de apoio aos estudantes sen recursos que prometían no programa electoral?. Inviable económicamente en todo caso é o traballo que está a facer a Concelleira Beatriz Rodríguez pola cultura e a formacións dos estudantes de Marín. Aínda estamos esperando a que cumpra moitas das súas propostas do programa electoral.

3.    Levamos diferentes propostas a pleno de onde situar a aula de estudo: Granxa de Briz, Aulas de música de Cantodarea, antigas oficinas de Cultura en Méndez Núñez, antigas oficinas de urbanismo en Méndez Núñez e que se racionalizase o uso destes locais municipais se era necesario. Pero tamén outros grupos municipais coma o BNG ou MAR-IN puxeron enriba da mesa solucións ao respecto. O pasado pleno de setembro a concelleira do BNG, Esther Crespo: “poden negociar coas súas administración amigas o local que é propiedade da Xunta de Galicia e estase a deteriorar cada vez máis co paso do tempo por estar sen uso”.

4.    A crise económica está visto que non é unha escusa, no veciño Concello de Cangas teñen un horario extraordinario para exames na biblioteca municipal. Non están a favor de crear emprego na vila? Onde está o plan de emprego? Contratar máis persoal na biblioteca municipal non é pecado ningún cando supostamente defenden que teñen as contas saneadas.

5.    Pedir que se estudie a posibilidad de insonorización da sala de lectura da biblioteca parece un “tremendismo” para o goberno do PP, cando non lle compromete a nada, e para todos é molesto o barullo que existe pola autoestrada colindante co edificio cando se está dentro.


6.    Se pedimos a creación dun buzón de participación cidadá e que se intente incentivar as donacións na biblioteca é porque temos constancia de que a maioría das demandas que se fan a este desgoberno local do PP caen en saco roto e póñense moitas trabas no lugar de facilidades a trámites que deberían ser ben sinxelos.

7.    No tocante aos cursos de formación quixemos pedir unha iniciativa de cursos de formación (que podedes ler con máis detalle no documento da moción), e na cal a Concelleira de Cultura podería mediar se tivese "iniciativa" para conseguir que se levase a cabo.

8.    Non podemos crernos que a señora Beatriz Rodríguez poida defender no pleno que a biblioteca municipal non precisa dun sistema antirroubo de libros e que se lle deixe toda a responsabilidade ás empregadas da biblioteca. Os casos de hurtos de libros existen e polo tanto é inútil seguir mercando libros se é tremendamente fácil roubalos.











Ler máis

viernes, 12 de septiembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín acusan á Concelleira de Cultura de ignorar a petición avalada por máis de 1.000 marinenses para mellorar a biblioteca municipal .

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, tildou á Concelleira de hipócrita e soberbia “pois coma dixemos con anterioridade esta Concelleira mentres estaba nas NNXX promovía mentres que se habilitaran espazos para os estudantes, e agora nin o fai, nin tampouco plantexa alternativas e permítese facer oídos xordos das demandas e propostas dos usuarios do centro e dos máis de 1.000 marinenses que asinaron para conseguir melloras na biblioteca municipal” “Non só está a ignorar aos marinenses, se non tamén aos que traballan e fan vida nesa biblioteca. Parouse algunha vez a falar con eles? Podo dicir con coñecemento que non, non ten interese ningún”  

Dende a organización afirman que “o goberno local do PP está autoenganarse de que a biblioteca municipal está xenial como está,  a pésima xestión é unha realidade para todos, menos para eles porque deben pisala ben pouco, nada máis que cando ben Feijóo aos seus actos de partido” “Temos un exemplo na comarca de cómo unha vila coma Cangas, na que goberna o seu partido, conta cun horario extraordinario de biblioteca para o período de exames e unha xestión algo mellor” añadiu Cortés.

                                                                                       Marín, 12 de setembro de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín mostráronse moi críticos coa actitude da Concelleira de Cultura no Pleno Municipal, pese a que todos os grupos da oposición lle pediron por segunda vez nun ano que actuase para conseguir cambios visibles e melloras na xestión da biblioteca municipal, e intención do Grupo Socialista de mediar para alcanzar un consenso nalgunhas das propostas incluídas na moción.

O secretario xeral da agrupación local de Xuventudes Socialistas, Nacho Cortés declarou que “pareceme de coña que a señora Beatriz Rodríguez poida defender que a biblioteca municipal careza dun sistema antiroubo de libros, e que lle deixe toda a responsabilidade ás empregadas da biblioteca” “O custo que pode ter ese sistema é irrisorio. Existen casos de hurtos de libros que non apareceron máis; de que serve invertir na compra de libros se é tremendamente fácil roubalos?”

O líder da organización socialista ademáis quixo mostrar o seu rechazo á proposta de solución que propuxo a Concelleira para a demanda de locais de estudo: “A única solución que propon para a demanda dos estudantes e que creemos unha asociación de estudantes para poder ter acceso a un local municipal unhas poucas horas ao mes?   Parece ser que en Marín os estudantes somos un colectivo marxinal, que nos repudian a iso para conseguir un lugar digno onde estudar ou poder facer traballos.

Os mozos e mozas socialistas concluíron recalcando que “nótaselle que non coñece a realidade da biblioteca, pero tamén nótaselle que non lle interesa poñerse a traballar para que ese servizo sexa mellor, máis útil, moderno e accesible para todos e todas, pero sobre todo que cubra as necesidades e demandas para as que naceu”




Ler máis

miércoles, 10 de septiembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín entregan no Concello as máis de 1.000 firmas que avalan a petición de melloras para a biblioteca municipal.


Imaxe: Diario de Pontevedra
As Xuventudes Socialistas de Marín xunto Aitor Bouza, secretario xeral das XSGalicia e outros membros da súa executiva entregamos no Concello as máis de 1.000 firmas recadadas como aval da petición popular de melloras para a biblioteca municipal "Vidal Pazos" de Marín.

A moción coas diferentes propostas de melloras que solicitamos ao goberno local será tratada no pleno deste venres.


Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates