A
recollida de alimentos terá lugar entre os días 6 e 21 de decembro, todo o
recaudado será doado á Asociación Benéfica marinense “SOS ayuda al necesitado”.
“A crise está a ter terribles consecuencias para moitas
familias de Marín, moitas familias
están sufrir por enriba das suas posibilidades a dureza da crise. É difícil que a nosa alcaldesa se
poña na pel destas familias cando o seu soldo e de máis de 6.000 euros
mensuais”
Marín, 29 de Novembro de 2013
As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron esta tarde na
Biblioteca Municipal “Vidal Pazos” de Marín a súa I Campaña de recollida de alimentos “Comparte o nadal”. O acto
contou coa asistencia de Aitor Bouza, secretario xeral das Xuventudes
Socialistas de Galicia e o presidente da Asociación Benéfica “SOS ayuda al
necesitado”.
“Hoxe, unha semana despois de presentar a moción coa que
pretendemos gañar espazos de estudos para os marinenses e dinamizar esta
infraestructura municipal, queremos mostrar o nosa insistencia en que é
necesario unha acción urxente no ámbito cultural e de infraestructuras en
Marín”. En palabras do secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes
Socialistas.
O representante de “SOS ayuda al necesitado” mostrou o seu
agradecemento ás Xuventudes Socialistas de Marín por querer colaborar con eles,
e resaltou a pouca implicación por parte do goberno local con colectivos coma o
seu.
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor
Bouza, mostrou o seu total apoio ás últimas reivindicacións que se fixeron
dende a agrupación local de Marín, e tamén a iniciativas coma esta, que fan
visibles o efecto nocivo que teñen as políticas que o Partido Popular está á facer.
A campaña “Comparte o Nadal” comezará o día 7 de decembro no supermercado "Bikoka" de Estribela, no que os militantes de XSG Marín e
representantes de “SOS ayuda al necesitado” tentarán recaudar o máximo número
de kilos posibles, para que este Nadal “todos e todas os marinenses teñan que
levarse á boca”.
As Xuventudes Socialistas de Marín colgarán na rede o calendario
cos días e as tendas de alimentación nos
que farán as diferentes recollidas de alimentos. Ademáis está prevista unha
pegada de carteis en establecementos e espazos públicos de Marín, onde aqueles
veciños que queiran colaborar terán os medios de contacto necesarios á súa
disposición.
Facebook: Facebook.com/xuventudesmarin
Twitter: @XSGMarin
Dende a organización sinalaron, que de ter éxito, a súa intención sería
de repetir esta campaña en próximas datas, e seguir traballando en actividades
desta índole. Finalmente fixeron un chamamento ao resto de asociacións e
colectivos de veciños do municipio, prestándose a colaborar todo o posible en
actividades veciñais.