lunes, 23 de diciembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín recadan máis de 900 kilos de alimentos en favor de SOS MARÍN.



Mediante a I Campaña de recollida de alimentos "Comparte o nadal", organizada por Xuventudes Socialistas de Marín, conseguiron axudar a un dos colectivos benéficos de axuda aos máis necesitados, SOS Marín.

 O secretario xeral, Nacho Cortés, fai un balance moi positivo desta primeira edición da que di que non será a última, "pois as circunstancias da xente son difíciles, e dende a política debemos implicarnos en conseguir disminuir a desigualdade social".


Dende a organización sinalaron atoparse contentos e satisfeitos coa resposta da xente na rúa e nos establecementos, "isto mostra que Marín é a súa xente son un exemplo de solidariedade entre veciños". Durante os días que se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos conseguiron recadar mais de 900 kilos, que foron doados a organización "SOS ayuda al necesitado".

Os mozos e mozas socialistas quixeron destacar a importancia de que existan cada vez máis campañas ou actos de recollidas de alimentos, xoguetes ou roupa en Marín, "pois estas iniciativas son necesarias para todos os colectivos que están a apoiar a centos de familias da vila, e a implicación de asociacións marinenses, colexios ou veciños está sendo incrible"

A coordinadora da campaña, Joanna Vilas quixo agradecer aos voluntarios da asociación benéfica marinense "SOS ayuda al necesitado" e aos seus compañeiros de Xuventudes Socialistas, polo traballo duro que levaron a cabo na recollida de alimentos: "é a nosa primeira campaña, e foi moi exitosa grazas ao traballo que fixemos entre os voluntarios da asociación SOS Marín e os meus compañeiros de Xuventudes". Despois do éxito obtido nesta primeira campaña, Joanna Vilas non desbota a realización de futuras campañas solidarias: "contamos coa solidaridade e implicación dos nosos veciños de Marín" 

O secretario xeral das XSG Marín quixo agradecer tamén a labor que están a levar colectivos como Cáritas, o Comedor Social, SOS Marín, Amenac ou o recente creado colectivo de Sor Elvira: "o importante é axudar, sexa cal sexa o colectivo, a axuda de todos para paliar a pobreza social, cada vez máis crecente".

Ademáis dende "SOS ayuda al necesitado" e as Xuventudes Socialistas de Marín quixeron agradecer tamén aos establecementos Eroski e Bikoka a oportunidade de poder recadar alimentos nos seus establecementos. Así coma tamén a todos os veciños e veciñas que participaron e se implicaron na campaña.
Ler máis

miércoles, 11 de diciembre de 2013

As XSG Marín acusan á concelleira de cultura de primar os intereses de colectivos ligados ao PP por riba dos estudantes de Marín.

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, sinalou “As oficinas de Méndez Nuñez, por exemplo, poden habilitarse perfectamente o que pasa e que a concelleira de cultura prima os intereses dun colectivo presidido por unha militante do PP, por riba dos intereses dos estudantes marinenses.”

Aclarou que esta asociación xa tiña local propio na rúa Estrada, pero en canto chegou o PP ao goberno aproveitou a política de amiguismo do concello para facerse cunhas instalacións municipais.

“Os mozos e mozas socialistas non imos permitir que dende a Concellería de cultura se siga con esta pasividade e conformismo en canto a infraestructuras, fondos, rendemento e horarios da biblioteca. É vergonzoso que aínda a día de hoxe a biblioteca de Marín so teña 2 diccionarios de inglés para toda a vila, e nin se quera dispoña de moitas obras clásicas da literatura universal. Se non é capaz de xestionar ela soa a súa competencia que non prometa no pleno do Concello o que non vai cumplir”, facendo referencia á unha das intervencións da concelleira de cultura cando se disolveu o Padroado de cultura da biblioteca.

Ademáis dende a organización sinalaron que “espazos hainos, puxemos propostas enriba da mesa. Cremos que se se queren prestar locais ás asociacións, Briz é o mellor emprazamento. O parque dos sentidos ofrece ademáis a posibilidade de facer moitas actividades ao aire libre. Cremos que as antigas oficinas de cultura ou as aulas de música deben ser salas de estudo e devolverlle a utilidade que tiveron no seu momento para a formación dos marinenses”.

Nacho Cortés aclarou que entende que todos os colectivos de Marín deben pusuir un local, “porque son os principais dinamizadores da nosa vila”, pero criticou que esta asociación que se atopa nas antigas oficinas de cultura xa tivo local propio: “cobrando cuotas aos membros, recibindo subvencións, e sen ter se quera horario ao público…  ademáis de estar estrictamente ligada ao partido do goberno.  Poden perfectamente compartir espazo con outras asociacións na Granxa de Briz, iso si o primeiro son os intereses dun colectivo máis amplo coma son os estudantes marinenses que non teñen porque pagarse o desprazamento para ter que estudiar en condicións.”

 Os mozos e mozas socialistas quixeron responder ademáis á concelleira ante a crítica que fixo do PSdeG-PSOE de Marín:

“A aula de estudo que existía enriba da biblioteca non estaba no mellor emprazamento. Invitamoslle a señora concelleira a probar a tentar estudar  cando se están a realizar actividades no salón de actos da Biblioteca”. Ademáis engadiron que a o Telecentro foi feito grazas a unha aportación de máis de 120.000 euros da Xunta.  “Grazas a este aula puidéronse formar marinenses de todas as idades. Se o goberno actual non lle quere sacar partido a este espazo é cousa súa, demostra o seu interés polos problemas da xente” puntualizaron dende a organización.

 As Xuventudes Socialistas de Marín non descartan movilizarse aínda máis respecto a este tema: “a moción era unha demanda que moitos marinenses estaban esperando que se fixese dende hai tempo, polo que non descartamos movilizacións”.

 Finalmente dende Xuventudes Socialistas de Marín lamentan a actitude da concelleira de cultura e do goberno local, “limitouse a dicir: non hai espazos, sen antes valorar os acontecementos que van suceder, nin mostrar interese na comisión municipal por levar adiante a medida. Somos conscientes de que a moción non sairá adiante, pero non daremos tregua neste asunto”.
Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates