lunes, 23 de diciembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín recadan máis de 900 kilos de alimentos en favor de SOS MARÍN.

As Xuventudes Socialistas de Marín recadan máis de 900 kilos de alimentos en favor de SOS MARÍN.



Mediante a I Campaña de recollida de alimentos "Comparte o nadal", organizada por Xuventudes Socialistas de Marín, conseguiron axudar a un dos colectivos benéficos de axuda aos máis necesitados, SOS Marín.

 O secretario xeral, Nacho Cortés, fai un balance moi positivo desta primeira edición da que di que non será a última, "pois as circunstancias da xente son difíciles, e dende a política debemos implicarnos en conseguir disminuir a desigualdade social".


Dende a organización sinalaron atoparse contentos e satisfeitos coa resposta da xente na rúa e nos establecementos, "isto mostra que Marín é a súa xente son un exemplo de solidariedade entre veciños". Durante os días que se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos conseguiron recadar mais de 900 kilos, que foron doados a organización "SOS ayuda al necesitado".

Os mozos e mozas socialistas quixeron destacar a importancia de que existan cada vez máis campañas ou actos de recollidas de alimentos, xoguetes ou roupa en Marín, "pois estas iniciativas son necesarias para todos os colectivos que están a apoiar a centos de familias da vila, e a implicación de asociacións marinenses, colexios ou veciños está sendo incrible"

A coordinadora da campaña, Joanna Vilas quixo agradecer aos voluntarios da asociación benéfica marinense "SOS ayuda al necesitado" e aos seus compañeiros de Xuventudes Socialistas, polo traballo duro que levaron a cabo na recollida de alimentos: "é a nosa primeira campaña, e foi moi exitosa grazas ao traballo que fixemos entre os voluntarios da asociación SOS Marín e os meus compañeiros de Xuventudes". Despois do éxito obtido nesta primeira campaña, Joanna Vilas non desbota a realización de futuras campañas solidarias: "contamos coa solidaridade e implicación dos nosos veciños de Marín" 

O secretario xeral das XSG Marín quixo agradecer tamén a labor que están a levar colectivos como Cáritas, o Comedor Social, SOS Marín, Amenac ou o recente creado colectivo de Sor Elvira: "o importante é axudar, sexa cal sexa o colectivo, a axuda de todos para paliar a pobreza social, cada vez máis crecente".

Ademáis dende "SOS ayuda al necesitado" e as Xuventudes Socialistas de Marín quixeron agradecer tamén aos establecementos Eroski e Bikoka a oportunidade de poder recadar alimentos nos seus establecementos. Así coma tamén a todos os veciños e veciñas que participaron e se implicaron na campaña.
Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates