viernes, 22 de mayo de 2015

As Mentiras de Ramallo.

#AsmentirasdeRamallo son moitas e se votas ó PP o vindeiro 24 de maio voltarán a ser máis.

Promesas incumpridas, promesas inviables para Marín que se repiten neste programa electoral de 2015. ¿Vas depositar a túa confianza nun partido que pese a todo non cumpriu nin unha soa das súas "grandes propostas" para Marín?

Puideron facer moito máis que poñer marquesiñas de última hora, arranxar xardíns ou colocar farolas. Non tiveron iniciativa se quera para cumprir co programa polo que a xente os votou pese a estar os seus amiguetes de partido na Diputación, na Xunta e no Goberno de España.

Se a María Ramallo lle crecese o nariz por cada mentira chegaríalle polo menos ata Aguete!

¿QUERES COÑECER MÁIS MENTIRAS?

- 2 aparcamentos soterrados.

- A mellora da Biblioteca municipal (vaiche boa, denegaron as mocións para efectuar a súa remodelación e inclusión de servizos coma o sistema antirroubo as Xuventudes Socialistas de Marín e o PSdeG-PSOE en dúas ocasións).

- Bolsas para estudantes sen recursos.

- Saneamento de todas as parroquias.

- Crear emprego (danos a risa, por non chorar).

- Traslado do edificio de Aduanas para o interior do porto.

-  Construcción dun pavillón deportivo en Seixo.

-  Compra do edificio "Baladrón" para facer nel un centro cultural.

E moitas máis! Bótalle unha ollada aos INCUMPRIMENTOS da Tropa de Ramallo. E recorda, o 24 de maio: SE MARÍN CHE IMPORTA, NON DEIXES QUE XOGUEN CO TEU VOTO.

- AUDITORIO MULTIUSOS no Paseo Marítimo: https://www.youtube.com/watch?v=-pWhg8c1tkE

- HOTELen LOIRA: https://www.youtube.com/watch?v=8_sXLZKtCxY

- PARQUE LÚDICO-DEPORTIVO CON EMBARCADOIRO NO RÍO LAMEIRA: https://www.youtube.com/watch?v=-9QergNqqUM

- Centro de saúde REMATADO: https://www.youtube.com/watch?v=9xNv0LVCfgI

















Ler máis

#AsMentirasdeRamallo un Parque lúdico-deportivo con embarcadoiro no río Lameira e un centro de saúde REMATADO.

Seguimos contando mentiras sobre o PP de Marín...

PARQUE LÚDICO-DEPORTIVO no RÍO LAMEIRA.

No ano 2011 o PP de Marín aseguraba que se llegaba as eleccións no ía construir na beira do río Lameira un parque lúdico-deportivo con embarcadoiro, anfiteatro, cancha multideportiva ou mirador, entre outras cousas.
Catro anos despois atopámonos que non hai máis que maleza e unha vella e moi deteriorada cancha deportiva na zona.
¡INCUMPRIDO!



NOVO CENTRO DE SAÚDE REMATADO
María Ramallo e os seus secuaces non pararon de mentir, pero non xa no goberno, senon antes de chegar a el, manda truco!

¿Estades fartos das inmensas ringleiras e esperas no Centro de Saúde? ¿Do estado do local alugado por 9.000 euros ao mes? ¿Da escaseza de medios?

No ano 2011 o PP asegurou que remataría nestes 4 anos o Centro de Saúde. Gobernando o PP en todas as administracións afins (Diputación, Xunta, Goberno do Estado) tendo o solar dispoñible e os cartos, e aínda hoxe é que Marín non ten un Centro de Saúde en condicións. Pero e que a cousa non queda ahí, a señora María Ramallo permitiu que Marín quedase sen servizo de ambulancias 24 horas, co risco que supon para a saúde de todos.

Se che mentiron no 2011 incumprido todo o seu programa por qué no o van facer outra vez?
Ler máis

martes, 19 de mayo de 2015

#AsMentirasdeRamallo: un Auditorio multiusos e un hotel en Loira.



No ano 2011 o Partido Popular de Marín comprometíase no seu programa electoral a que de chegar ao goberno construiría un Auditorio multiusos na punta do Paseo Alcalde Blanco Solla. Catro anos despois atopámonos que nin Auditorio, nin proxecto, nin nada.
¡INCUMPRIDO!


A moi pilla de María Ramallo e o Partido Popular de Marín tamén comprometíanse no seu programa electoral de 2011 a rehabilitar "O Almacén" de Loira e construir nel un hotel. Catro anos despois atopámonos que non hai nin hotel, nin proxecto para facelo.
¡INCUMPRIDO!

Ler máis

lunes, 18 de mayo de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín contan "As mentiras de Ramallo".




Os mozos e mozas socialistas presentaron onte a “contracampaña electoral” denominada “As mentiras de Ramallo” na que a través de vídeos e cartaces recordaran aos veciños as promesas incumpridas polo goberno de María Ramallo.

O secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes Socialistas denunciou que “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.

Marín, 18 de maio de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron hoxe a “contracampaña electoral” ao Partido Popular, chamada "As mentiras de Ramallo". Mediante unha serie de vídeos e cartaces os mozos e mozas socialistas queren recordar aos veciños e veciñas de Marín as promesas imcumpridas polo goberno de María Ramallo e denunciar algunhas das prácticas populistas e electoralistas que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, demostran que "os marinenses foron estafados nestes 4 anos, onde Marín non só non medrou económicamente, senon que a maioría dos cartos públicos invertidos en turismo e festas foron despilfarrados sen ningún tipo de planificación". 

Según criticou Cortés "O PP pedíunos que a todos e todas que tiñamos que facer grandes esforzos para saír da crise mentres eles despilfarraban os cartos públicos en festas e subvencións cuxos únicos beneficiario foron os seus amiguetes e as empresas que lles rodean”.

Dende Xuventudes Socialistas de Galicia tamén quixeron respaldar aos seus compañeiros. O secretario xeral das XSGalicia asegurou que “esta campaña é moi importante, porque temos que sacar as caroutas ás que o Partido Popular nos ten acostumados. Non só aquí en Marín, tamén no goberno de Estado e no goberno de Galicia. O señor Rajoy e o señor Feijóo acostuman a ter un plan A e despois un programa B como súas contas”.

As mentiras de Ramallo:

Un auditorio na punta do Paseo Alcalde Blanco Solla, un hotel en Loira, un centro de saúde rematado, a compra do edificio de “Baladrón”, dous aparcamentos soterrados ou un parque no río Lameira con embarcadoiro, bolsas para estudantes sen recursos ou a remodelación da barriada de San Pedro, son algúns dos proxectos que o Partido Popular de Marín vendeu no 2011 e que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín,  Nacho Cortés, “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.


Ao respecto destas promesas electorais, dende a organización xuvenil apuntaron que “atrevéronse a mentir con propostas inviables no 2011, agora no 2015 queren seguir tomándolle o pelo a xente movendo o suposto auditorio de emprazamento coma se fose un ficha de parchis”. Prometeron a reforma da barriada de San Pedro e catro anos despois sigue igual non, moito peor, esperando a súa promesa de remodelación. Pero por se fose pouco no 2011 aseguraban que ían dar bolsas para estudantes sen recursos e onde están? O único que vemos a mocidade marinense son os recortes do PP nas nosas cuantías das becas que a moitos nos impiden poder continuar os nosos estudos.”

Nacho Cortés destacou ademais que o incumprimento do programa electoral do PP “foi porque non quixeron facer máis aló dos proxectos que o PSOE de Marín deixou preparados. En 2011 contaban cun Concello saneado económicamente, e tiveron nas administracións superiores aos seus compañeiros de partido e puideran lograr moitas cousas para Marín, pero non, preferiron vivir de rentas”.

Os mozos e mozas socialistas estiveron acompañados pola candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Marín, que encabeza Luz Santiago, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, os cales se sumaron ás críticas contra “as políticas das mentiras e dos recortes” levadas a cabo polo Partido Popular.

 A candidata socialista á alcaldía de Marín, Luz Santiago, engadiu que “nin desenvolveron o PXOM que lle deixamos listo para a súa aprobación; nin conseguiron ter rematado o novo centro de saúde catro anos despois de chegar ao goberno cando xa tiñan o solar, había os cartos e estaba o seu partido nas presidencias do goberno autonómico e estatal. Tiveron que pasar catro anos para que comecen agora as obras; tampouco traballaron por desenvolver os proxectos e conseguir moitas das axudas económicas que lles deixamos pendentes para poñer Marín a punto, só se adicaron a incumprir o seu programa, a perder axuda tras axuda económica e vivir do xa feito. Qué nos pode esperar dun goberno do PP que xa esgotou todo o que tiña por facer e non ten nin un programa que poida cumprir”.

As Xuventudes Socialistas de Marín desenvolverán a súa campaña tanto na rede a través da súa web, do Facebook e Twitter, coma nas rúas e parroquias de Marín nos diferentes repartos de campaña que realizarán xunto coa candidatura socialista.








Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates