Os mozos e mozas socialistas presentaron onte a “contracampaña
electoral” denominada “As mentiras de Ramallo” na que a través de vídeos e
cartaces recordaran aos veciños as promesas incumpridas polo goberno de María
Ramallo.
O secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes
Socialistas denunciou que “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non
só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os
votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con
eternas promesas”.
Marín, 18 de maio de 2015
As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron hoxe a “contracampaña electoral” ao Partido Popular, chamada "As mentiras de Ramallo". Mediante unha serie de vídeos e cartaces os mozos e mozas socialistas queren recordar aos veciños e veciñas de Marín as promesas imcumpridas polo goberno de María Ramallo e denunciar algunhas das prácticas populistas e electoralistas que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, demostran que "os marinenses foron estafados nestes 4 anos, onde Marín non só non medrou económicamente, senon que a maioría dos cartos públicos invertidos en turismo e festas foron despilfarrados sen ningún tipo de planificación".
Según criticou Cortés "O PP pedíunos que a todos e todas que tiñamos que facer grandes esforzos para saír da crise mentres eles despilfarraban os cartos públicos en festas e subvencións cuxos únicos beneficiario foron os seus amiguetes e as empresas que lles rodean”.
Dende Xuventudes Socialistas de
Galicia tamén quixeron respaldar aos seus compañeiros. O secretario xeral das
XSGalicia asegurou que “esta campaña é moi importante, porque temos que sacar
as caroutas ás que o Partido Popular nos ten acostumados. Non só aquí en Marín,
tamén no goberno de Estado e no goberno de Galicia. O señor Rajoy e o señor
Feijóo acostuman a ter un plan A e despois un programa B como súas contas”.
As mentiras de Ramallo:

Ao respecto destas promesas
electorais, dende a organización xuvenil apuntaron que “atrevéronse a mentir
con propostas inviables no 2011, agora no 2015 queren seguir tomándolle o pelo
a xente movendo o suposto auditorio de emprazamento coma se fose un ficha de
parchis”. Prometeron a reforma da barriada de San Pedro e catro anos despois
sigue igual non, moito peor, esperando a súa promesa de remodelación. Pero por
se fose pouco no 2011 aseguraban que ían dar bolsas para estudantes sen recursos
e onde están? O único que vemos a mocidade marinense son os recortes do PP nas
nosas cuantías das becas que a moitos nos impiden poder continuar os nosos
estudos.”
Nacho Cortés destacou ademais que
o incumprimento do programa electoral do PP “foi porque non quixeron facer máis
aló dos proxectos que o PSOE de Marín deixou preparados. En 2011 contaban cun
Concello saneado económicamente, e tiveron nas administracións superiores aos
seus compañeiros de partido e puideran lograr moitas cousas para Marín, pero
non, preferiron vivir de rentas”.
Os mozos e mozas socialistas
estiveron acompañados pola candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Marín, que
encabeza Luz Santiago, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de
Galicia, Aitor Bouza, os cales se sumaron ás críticas contra “as políticas das
mentiras e dos recortes” levadas a cabo polo Partido Popular.
A candidata socialista á alcaldía de Marín,
Luz Santiago, engadiu que “nin desenvolveron o PXOM que lle deixamos listo para
a súa aprobación; nin conseguiron ter rematado o novo centro de saúde catro
anos despois de chegar ao goberno cando xa tiñan o solar, había os cartos e
estaba o seu partido nas presidencias do goberno autonómico e estatal. Tiveron
que pasar catro anos para que comecen agora as obras; tampouco traballaron por
desenvolver os proxectos e conseguir moitas das axudas económicas que lles
deixamos pendentes para poñer Marín a punto, só se adicaron a incumprir o seu
programa, a perder axuda tras axuda económica e vivir do xa feito. Qué nos pode
esperar dun goberno do PP que xa esgotou todo o que tiña por facer e non ten
nin un programa que poida cumprir”.
As Xuventudes Socialistas de Marín desenvolverán a súa campaña tanto na rede a través da súa web, do Facebook e Twitter, coma nas rúas e parroquias de Marín nos diferentes repartos de campaña que realizarán xunto coa candidatura socialista.
As Xuventudes Socialistas de Marín desenvolverán a súa campaña tanto na rede a través da súa web, do Facebook e Twitter, coma nas rúas e parroquias de Marín nos diferentes repartos de campaña que realizarán xunto coa candidatura socialista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario