Mostrando entradas con la etiqueta Ecoloxismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ecoloxismo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de marzo de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín solicitan que o Concello se sume o vindeiro sábado á iniciativa da Hora do Planeta.


Os mozos e mozas socialistas quixeron facer un chamamento tamén para que todos os veciños e veciñas se sumen a esta iniciativa: “un xesto simbólico que impulsa a nivel mundial a Organización Ecoloxista WWF, e que este ano terá lugar este sábado 29 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas”.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín declarou que cada ano, moitísimas cidades de todo o mundo amosan o seu apoio a esta campaña apagando as luces dos seus principais monumentos e edificios, Marín non debe ser menos”.



As Xuventudes Socialistas de Marín solicitaron mediante unha petición por rexistro que o Concello de Marín secunde o próximo 29 de marzo a iniciativa que todos os anos a Organización Ecoloxista WWF leva a cabo. A agrupación local de Xuventudes Socialistas quere destacar a importancia de que non so os veciños secunden esta iniciativa, senon  tamén que as administracións locais deben dar exemplo para concenciar sobre a importancia que ten o aforro enerxético.

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, pide “ao actual goberno local que se  fomente o uso eficiente dos recursos enerxéticos, e se aposte por tomar medidas de aforro enerxético nas instalacións municipais e na vila”.  “O Concello ten que poñerse ás pilas neste ámbito porque a crecente subida do recibo da auga e do lixo, buscar conflictos cos donos de cans na contra de apostar por políticas que non dividan aos marinenses, ou que ENCE patrocine eventos locais, non é política de medioambiente e benestar social, se non todo o contrario, un atentado contra os benestar dos veciños”, añadiu Cortés.

Dende a organización consideran que “todos e todas temos un papel crucial na consecución de cambios de xestión, na loita contra o Cambio Climático, no cambio do modelo enerxético e tamén para un acadar un desenvolvemento sostible, pero as Administracións Públicas son as encargadas de liderar ese cambio de actitude: dende as institucións municipais, é onde se poden realizar os cambios en resposta a cuestións medioambientais coma estas, impulsando boas prácticas nas empresas e nos veciños, incentivando o consumo responsable e o uso responsable da electricidade”.

“As Entidades Públicas deben ser as primeiras en apostar pola eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións á cidadanía; Marín debe emprender a senda que a leve tamén a ser un exemplo de vila sostible, limpa e comprometida co medioambiente e a contorna natural que a rodea” concluía Nacho Cortés, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.

Finalmente, os responsables das XSG Marín censuraron “a falta de compromiso dos gobernos do Partido Popular, dos Sres. Rajoy e Feijoo na loita contra o cambio climático, poñendo sobre a mesa a nova regulación do sector eléctrico, entendendo que España e Galicia están a camiñar na dirección contraria á normativa europea e a numerosos países europeos que están a apostar polas enerxías renovables como sector enerxético estratéxico.”

Para sumarse á iniciativa poderán facelo todos os/as cidadás que o desexen a través da páxina web: http://www.horadelplaneta.es/  
Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates