viernes, 22 de noviembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Marín demandan a habilitación urxente dun local de estudo en condicións para os estudantes de Marín.

As Xuventudes Socialistas de Marín demandan a habilitación urxente dun local de estudo en condicións para os estudantes de Marín.


“O Concello pode permitirse económicamente realizar contratacións para o mantemento de aulas de estudo, proba é a recente suba de salarios a algúns funcionarios afins ao PP” asegurou Nacho Cortés, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.

O mozos e mozas socialistas consideran un gasto innecesario que o estudantes marinenses teñan que desprazarse a outras vilas para estudar, existindo en Marín os recursos necesarios para habilitar zonas para o estudo.

Marín, 22 de Novembro de 2013

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Marín acordaron solicitar ao Pleno do Concello de Marín a adopción dun acordo no que se aumenten por este concello os recursos da biblioteca municipal, se habiliten locais de estudo en 2 espazos (coma mínimo) e se incremente o seu horario no período de exames. Ademáis instaron á Concelleira de Cultura a traballar.

O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, cree vergoñento que “os mozos e mozas de Marín non só teñan que soportar os retallos en becas e educación, e se vexan obrigados a desprazarse a a localidades veciñas case a diario para poder estudar nunhas infraestructuras en condicións.”

Riveiro declarou que: “A biblioteca Vidal Pazos, quédase pequena xa para unha poboación de 26.000 habitantes e ante a crecente demanda e masificación desteservizo: nun único espazo, os estudantes se encontran coa xente que vai ler a prensa, os socios que van recoller e devolver os libros, os alumnos que van consultar manuais e os que queren estudar, o que fai que o barullo sexa constante e impida concentrarse nos estudos.”

Dende as Xuventudes Socialistas de Marín acusan ao goberno de Ramallo de estar a facer “oídos xordos” á comunidade educativa e aos estudantes marinenses.“Na actualidade o estudantado marinense enfróntase non só á modificación da Lei de Educación do Ministro Wert, á dilapidación do Consello Escolar do Concello por parte da nova Lei das Administracións Locais, e ás inexistentes reunións periódicas deste mesmo órgano no Concello de Marín, que demostran así o interese que ten o goberno do PP en coñecer e solucionar as necesidades e carencias dos estudantes, centros educativos e de ensinanzas da vila, ao que hai que sumar a carencia de medios que faciliten a súa formación e estudo”, declararon dende a Organización.

Xuventudes Socialistas de Marín manifestaron que “os mozos e mozas de Marín temos que ter dereito á formación, a poder estudar nunhas infraestructuras en condicións, a ter a posibilidade de empregarnos na vila. Pero a realidade non é esa.  realidade é que temos escasas posibilidades de encontrar emprego na vila, ante a insostible tasa de desemprego xuvenil e as escasas medidas que esta tomando o Partido Popular en Marín en canto á creación de emprego”.

A Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Marín, Luz Santiago sinalou que “mentres o grupo socialista apostou por potenciar o uso do Padroado de Cultura e da Biblioteca intentando captar fondos públicos para facer actividades e melloras estructurais do centro bibliotecario, a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, apostou pola súa disolución, asegurando que se xestionarían mellor os proxectos culturais e o servizo da biblioteca e, o único que se fixo foron obras de mantemento da biblioteca. Por tanto instámoslle a que solucionen as demandas dos cidadáns dotando de medios que garantan o funcionamento e rendemento da biblioteca e, se creen as aulas de estudo, necesarias para a formación dos marinenses e, a darlle uso a oficina do Telecentro da propia Biblioteca Vidal Pazos, que esta infrautilizada dende que o PP chegou ao goberno municipal, apenas existen actividades formativas e ou seu horario de apertura é inexistente”.

O PSdeG-PSOE de Marín cree que a concelleira de Cultura debe facer actividades e dinamizar a cultura en Marín non saír en prensa porque a Biblioteca recibiu un libro e pictogramas. “Iso non pode ser toda a actividade que unha edil de cultura ten”.

Finalmente, os mozos e mozas socialistas queremos concluir facendo un chamamento á Concelleira de cultura e a alcaldesa, María Ramallo: “non fan falla moitos recursos, os espazos os teñen. Existen instalacións municipais baleiras dende fai moito tempo. Dende as XSG Marín propoñemos a utilización dos locais baleiros da rúa Méndez Nuñez (antigas oficinas de Cultura) ou as Aulas de Música de Cantodarea, ou inclusive as oficinas baleiras sitas na Granxa de Briz, coma posibles locais de estudo, debendo estar abertas as “aulas de estudo” 2 espazos (coma mínimo) e incrementarse o seu horario nos períodos de examenes: decembro-xaneiro, maio-xuño e primeira quincena de xullo; segunda quincena de agosto, e setembro.

O Grupo Municipal Socialista pola súa parte pídelle a Concelleira de Cultura, quen como responsable da biblioteca xestione, posto que os recursos existentes están infrautilizados e as demandas dos cidadáns sen cubrir.
Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates