domingo, 9 de marzo de 2014

Recollida de firmas e propostas para a mellora da Biblioteca Municipal e a habilitación urxente de máis espazos para o estudo en change.org

Recollida de firmas e propostas para a mellora da Biblioteca Municipal e a habilitación urxente de máis espazos para o estudo en change.org



Os mozos e mozas socialistas consideramos un gasto innecesario que o estudantes marinenses teñan que desprazarse a outras vilas para estudar, existindo en Marín os recursos necesarios para habilitar zonas para o estudo.

As Xuventudes Socialistas iniciamos unha recollida de firmas tanto na páxina change.org coma polas rúas de Marín para respaldar esta iniciativa de demanda popular.

 O pasado mes de novembro, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Marín acordarmos solicitar ao Pleno do Concello de Marín a adopción dun acordo no que se aumenten por este concello os recursos da biblioteca municipal, se habiliten locais de estudo  en 2 espazos (coma mínimo) e se incremente o seu horario e o da biblioteca no período de exames. Ademáis instaron á Concelleira de Cultura a traballar pola mellora da Biblioteca municipal.  

As Xuventudes Socialistas de Marín consideramos que:

1- A biblioteca Vidal Pazos, quédase pequena xa para unha poboación de 26.000 habitantes e ante a crecente demanda e masificación deste servizo: nun único espazo, os estudantes se encontran coa xente que vai ler a prensa, os socios que van recoller e devolver os libros, os alumnos que van consultar manuais e os que queren estudar, o que fai que o barullo sexa constante e impida concentrarse nos estudos.

2- O Concello pode permitirse económicamente realizar contratacións para o mantemento de aulas de estudo, proba é a recente suba de salarios a algúns funcionarios afins ao PP.

3- Na actualidade o estudantado marinense enfróntase non só á modificación da Lei de Educación do Ministro Wert, á dilapidación do Consello Escolar do Concello por parte da nova Lei das Administracións Locais, e ás inexistentes reunións periódicas deste mesmo órgano no Concello de Marín, que demostran así o interese que ten o goberno do PP en coñecer e solucionar as necesidades e carencias dos estudantes, centros educativos e de ensinanzas da vila, ao que hai que sumar a carencia de medios que faciliten a súa formación e estudo.

4-  É de obriga por parte da actual Concelleira de Cultura buscar unha solución para que se poidan utilizar ou racionalizar os locais municipais existentes para que os estudantes de Marín poidan acceder a ter salas de estudo.

5 - Débese incrementar ó horario da Biblioteca de Marín en períodos de exames: decembro-xaneiro, maio-xuño e primeira quincena de xullo; segunda quincena de agosto, e setembro. Sen compararnos con outras bibliotecas, como fixo a Concelleira Beatriz Rodríguez, posto que a Biblioteca Pública de Pontevedra non é a única que ten a cidade do Lérez, polo que a demanda de ampliación de horarios da biblioteca municipal nesa cidade é normal que non exista.

6- Mellorar os recursos tanto bibliográficos (manuais de dereito, diccionarios, obras básicas da literatura universal...) coma loxísticos que se encadran tanto na planta inferior coma no salón de actos.

7- Dinamización do Telecentro municipal pois é toda unha oportunidade para a formación dos marinenses e dende a chegada ao goberno do PP está a infrautilizarse. 

Finalmente, os mozos e mozas socialistas queremos concluir facendo un chamamento á Concelleira de cultura e a alcaldesa, María Ramallo: “non se escuden no que os gobernos anteriores fixeron ou deixaron de facer, e fagan vostedes, pois non fan falla moitos recursos, os espazos os teñen. Existen instalacións municipais, que con xestión e racionalización poden permitir habilitar salas para que os estudantes poidan estudar, pois é vergoñento que a actual Concelleira de Cultura, que no seu momento demandou dende as Novas Xeracións do Partido Popular a creación de locais de estudo, agora que está no goberno non queira facelo. 



Entra na páxina da petición, asina e posteriormente se o desexas fainos chegar as túas propostas, serán entregadas e presentadas no Concello.

Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates