viernes, 29 de agosto de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín levan a pleno unha moción na que esixirán melloras para a Biblioteca municipal avalada por máis de 1.000 firmas.

As Xuventudes Socialistas de Marín levan a pleno unha moción na que esixirán melloras para a Biblioteca municipal avalada por máis de 1.000 firmas.



O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, declarou que “esta moción para mellorar a Biblioteca Municipal é froito da participación cidadá, polo que agradecemos a colaboración de todos os veciños e veciñas”. Dende a organización invitaron á concelleira a que: “visite a Biblioteca máis a miúdo, fale cos traballadores e usuarios habituais pois obterá respostas, queixas e suxerencias claras da xente”


Ademáis as Xuventudes Socialistas de Marín mostraron a súa indignación ante a escasa inversión e preocupación do Goberno local do PP polos problemas, a formación  e o futuro dos mozos e mozas de Marín: “Este Concello non está invertindo na xuventude de Marín, e logo estrañámonos de por qué os mozos e mozas marchan? Non se trata só de facernos festas”

No referente á campaña de recollida de sinaturas e propostas, o secretario xeral, Nacho Cortés, e a secretaria de organización, Joanna Vilas, fan un balance moi positivo en canto á participación dos veciños e veciñas na recollida de firmas e propostas que levaron e levan a cabo na rúa e na rede e na que levan recollidas entorno ás 1.000 firmas. “A xente mostrouse moi contenta coa iniciativa e compartimos moitas opinións, que deron paso a propostas de mellora en termos de servizo e calidade para o edificio municipal, é o mellor aval que podemos ter desta petición popular” e animaron á xente a que se siga sumando á iniciativa durante os vindeiros días.

                                                                                          Marín, 29 de agosto de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín xa presentaron no rexistro do Concello a moción que o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Marín levará e defenderá no pleno municipal de setembro, e no que se tratarán as diversas melloras que solicitan para a Biblioteca Municipal.

Os mozos e mozas socialistas tildaron de hipócrita a Concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez, porque: “mentres estivo nas Novas Xeracións, reivindicaba máis espazos para os estudantes marinenses, pero agora que ten a oportunidade de lograr esas reivindicacións non o fai, pero tampouco o intenta. De feito dende que presentamos a anterior moción, fai case un ano, non cumpriu o seu compromiso de traballar por mellorar o servizo, non fixo nada”.
O secretario xeral apuntou que “a responsabilidade de que se traballe ou intervenga para mellorar a Biblioteca Munciipal  é da Concelleira de Cultura, a mesma que se encargou de disolver o Padroado da Biblioteca garantizando unha mellor xestión, e afirmando que se encargaría ela mesma de todo, e xa se ve, que nin a biblioteca pisa”.

Dende a organización declararon que “é o tempo de apostar pola Biblioteca, non estamos a pedir unha biblioteca nova, nin estamos a pedir imposibles.  Pedimos melloras nas infraestructuras pero tamén na xestión, que é unha cuestión pendente para todos os grupos municipais” “E invitamos á concelleira a que: “visite a Biblioteca máis a miúdo, fale cos traballadores e usuarios habituais e non cos militantes ou simpatizantes do PP, pois obterá respostas, queixas e suxerencias claras da xente”.

“Estamos fartos de que o PP recorte a inversión pública onde lle peta, igual o que terían que recortar son as escandalosas horas extras que se pagan no concelllo, os salarios aos funcionarios afins a eles e demais cacicadas que está a facer este goberno. Parece que coma sempre a xuventude deste pobo somos o último, a nosa formación non importa, e non importa a de mozos e mozas, ou talentos, que teñen que marchar fora a desenvolverse ou encontrar traballo.” Declarou o Nacho Cortés, o secretario xeral da agrupación.

“Este Concello non está invertindo no que é a xuventude de Marín, e logo estrañámonos de porque os mozos e mozas marchan? Non se trata só de facernos festas, trátase de apoio, de invertir nos que queren formarse e por non ter cartos non poden, de apostar por un plan de emprego eficaz que poida ser unha oportunidade de empregabilidade na vila ou mesmo de mostrar certo interese e preocuparse de que demandan os colectivos xuvenís de Marín.” añadiu Cortés.


As medidas que as Xuventudes Socialistas de Marín inclúen na moción:

1-    Creación dunha “Aula de estudo” insonorizada no antigo local municipal da Concellería de Urbanismo que estaba sito na rúa Méndez Núñez, xusto detrás da Biblioteca Municipal. Que en período de exames estaría dispoñible cun horario extraordinario: das 08:00 ás 03:00. Habilitar unha sala de traballo infantil onde se poidan realizar tamén obradoiros e traballos escolares para evitar as molestias aos demais usuarios.

As XSG-Marín plantexaron respecto a esta demanda, que no período de exames noutras vilas coma Pontevedra ou Cangas contan con máis espazos onde estudar ou con horario extraordinario: “Se tes exames e é fin de semana por qué temos que desprazarnos á biblioteca da Universidade en Pontevedra, se se pode habilitar algún espazo ou establecer un horario extraordinario en Marín coma xa se fai por exemplo en Cangas? 

2-    Instalación dun sistema antiroubo de libros. 

3-    Acondicionamento da sala de lectura coa posta dun sistema de aire acondicionado que está a ser demandado por usuarios e traballadores do centro.

4- Para a facilitación de suxerencias, novas compras ou queixas, crear un “buzón de participación cidadá”, no que as queixas ou suxerencias queden rexistradas e sexan levadas ao Concello coa fin de ser resoltas.

5-    A gran oferta de cursos online que se ofertan na rede debe permitir que dende a Concellería de Cultura se leve a cabo un plan de cursos formativos para o Telecentro municipal coa  designación trimestral de monitores con experiencia ou novos talentos para a realización de cursos a través da rede que poidan ser gratuitos ou de prezo público, cuxa realización sexa non so en horario de mañá, senon tamén de tarde para que os usuarios que desexen acceder a este tipo de formación e traballen ou teñan outras responsabilidades poidan asistir sen problema.

6-    Estudar as posibilidades de insonorización da sala principal para impedir o barullo tanto dos vehículos que circulan pola estrada colindante coma o que poida xurdir de celebracións no salón de actos da planta superior.

7-    Creación dun “buzón de donacións rexistradas” de libros á vista dos usuarios, para que os usuarios que así queiran poidan sentirse impricados na construcción da biblioteca municipal, puidendo encher así tamén os fondos da biblioteca con exemplares aos que se lle quere dar un novo uso. 

8-    Posta anual dun caixón ou unhas baldas onde por a disposición dos  usuarios exemplares gratuitos que queiran ser cribados-purgados.

9-    Creación dunha conta de Facebook e Twitter para facilitar información sobre actividades, novidades literarias ou información relevante aos usuarios.


A organización socialista concluíu mostrando o seu desexo a que no Pleno do Concello se aprobe esta petición popular, do contrario, e se a deixadez continua, afirman que seguirán a reclamar e presentar no Concello todas as queixas e propostas que consideren oportunas.








Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates