A
recollida de alimentos terá lugar entre os días 20 de decembro e 4 de xaneiro,
todo o recaudado será doado ás asociacións benéficas marinenses Cáritas, Sor
Elvira e Amenac.
“A
crise non rematou, necesidades tan básicas coma comer ou ter un teito onde
durmir parecen un privilexio e non o son, son dereitos que dende a política
deben garantizarse. Porque sí, a pobreza e a desigualdade social son unha
cuestión política aínda que moitos non o queiran ver así”.
Marín, 20 de decembro de 2014
As Xuventudes Socialistas de Marín xa comezaron a recoller
alimentos non perecedeiros nas rúas de Marín. Na súa 2ª edición, os mozos e
mozas socialistas esperan axudar ás tres principais asociacións benéficas de
Marín, Cáritas, Sor Elvira e Amenac, e para iso ademáis da recollida de
alimentos nos supermercados farán unha chocolatada solidaria e unha rifa
solidaria, coa fin de implicar o máximo posible a todos os veciños e veciñas de
Marín que xa o ano pasado, mesmo habendo moitas campañas benéficas a
solidaridade dos marinenses foi exemplar” apuntou o secretario xeral das
Xuventudes Socialistas de Marín.
.jpg)
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho
Cortés asegurou ao respecto que “este ano quixemos incluir algunha actividade
máis, para incentivar e implicar ao máximo as veciños e veciñas de Marín,
porque somos conscientes da demanda que hai nestes colectivos que axundan a
moitos centos de familias de Marín con necesidades e que precisan todo o apoio
posible”
Porén, ademáis da recollida de alimentos en supermercados e nas
rúas farán o vindeiro mes de xaneiro unha chocolatada e rifa solidaria: “A idea
de facer unha chocolatada e unha rifa solidaria xurde tamén con outras
iniciativas de carácter benéfico e solidario que queremos facer en vindeiras
convocatorias, a finalidade e colaborar e dar visibilidade a estes colectivos,
non só en nadal se non tamén o resto do ano, un compromiso que tamén que
queremos reivindicar”
Dende a organización socialista apuntaron tamén que “É de
agradecer o que as asociacións sociais e culturais de Marín están a facer a
prol destes colectivos coma son as diferentes galas benéficas e recollidas de
xoguetes ou alimentos a realizarse estes días, pois nestes momentos temos que
estar máis xuntos que nunca”.
O secretario xeral, Nacho Cortés quixo resaltar que “a crise non rematou, necesidades tan básicas coma comer ou ter un teito onde durmir parecen un
privilexio e non o son, son dereitos que dende a política deben garantizarse.
Porque sí, a pobreza e a desigualdade social son unha cuestión política aínda
que moitos non o queiran ver así”.
As XSG-
Marín colgarán na rede o calendario cos días e as tendas de alimentación nos
que farán as diferentes recollidas de alimentos. Ademáis está prevista unha
pegada de carteis en establecementos e espazos públicos de Marín, onde aqueles
veciños que queiran colaborar terán os medios de contacto necesarios á súa
disposición.
Facebook: Facebook.com/xuventudesmarin
Twitter: @XSGMarin
Finalmente fixeron un chamamento ao resto de asociacións e
colectivos de veciños do municipio, prestándose a colaborar todo o posible en
actividades veciñais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario