viernes, 22 de mayo de 2015

As Mentiras de Ramallo.

#AsmentirasdeRamallo son moitas e se votas ó PP o vindeiro 24 de maio voltarán a ser máis.

Promesas incumpridas, promesas inviables para Marín que se repiten neste programa electoral de 2015. ¿Vas depositar a túa confianza nun partido que pese a todo non cumpriu nin unha soa das súas "grandes propostas" para Marín?

Puideron facer moito máis que poñer marquesiñas de última hora, arranxar xardíns ou colocar farolas. Non tiveron iniciativa se quera para cumprir co programa polo que a xente os votou pese a estar os seus amiguetes de partido na Diputación, na Xunta e no Goberno de España.

Se a María Ramallo lle crecese o nariz por cada mentira chegaríalle polo menos ata Aguete!

¿QUERES COÑECER MÁIS MENTIRAS?

- 2 aparcamentos soterrados.

- A mellora da Biblioteca municipal (vaiche boa, denegaron as mocións para efectuar a súa remodelación e inclusión de servizos coma o sistema antirroubo as Xuventudes Socialistas de Marín e o PSdeG-PSOE en dúas ocasións).

- Bolsas para estudantes sen recursos.

- Saneamento de todas as parroquias.

- Crear emprego (danos a risa, por non chorar).

- Traslado do edificio de Aduanas para o interior do porto.

-  Construcción dun pavillón deportivo en Seixo.

-  Compra do edificio "Baladrón" para facer nel un centro cultural.

E moitas máis! Bótalle unha ollada aos INCUMPRIMENTOS da Tropa de Ramallo. E recorda, o 24 de maio: SE MARÍN CHE IMPORTA, NON DEIXES QUE XOGUEN CO TEU VOTO.

- AUDITORIO MULTIUSOS no Paseo Marítimo: https://www.youtube.com/watch?v=-pWhg8c1tkE

- HOTELen LOIRA: https://www.youtube.com/watch?v=8_sXLZKtCxY

- PARQUE LÚDICO-DEPORTIVO CON EMBARCADOIRO NO RÍO LAMEIRA: https://www.youtube.com/watch?v=-9QergNqqUM

- Centro de saúde REMATADO: https://www.youtube.com/watch?v=9xNv0LVCfgI

















Ler máis

#AsMentirasdeRamallo un Parque lúdico-deportivo con embarcadoiro no río Lameira e un centro de saúde REMATADO.

Seguimos contando mentiras sobre o PP de Marín...

PARQUE LÚDICO-DEPORTIVO no RÍO LAMEIRA.

No ano 2011 o PP de Marín aseguraba que se llegaba as eleccións no ía construir na beira do río Lameira un parque lúdico-deportivo con embarcadoiro, anfiteatro, cancha multideportiva ou mirador, entre outras cousas.
Catro anos despois atopámonos que non hai máis que maleza e unha vella e moi deteriorada cancha deportiva na zona.
¡INCUMPRIDO!



NOVO CENTRO DE SAÚDE REMATADO
María Ramallo e os seus secuaces non pararon de mentir, pero non xa no goberno, senon antes de chegar a el, manda truco!

¿Estades fartos das inmensas ringleiras e esperas no Centro de Saúde? ¿Do estado do local alugado por 9.000 euros ao mes? ¿Da escaseza de medios?

No ano 2011 o PP asegurou que remataría nestes 4 anos o Centro de Saúde. Gobernando o PP en todas as administracións afins (Diputación, Xunta, Goberno do Estado) tendo o solar dispoñible e os cartos, e aínda hoxe é que Marín non ten un Centro de Saúde en condicións. Pero e que a cousa non queda ahí, a señora María Ramallo permitiu que Marín quedase sen servizo de ambulancias 24 horas, co risco que supon para a saúde de todos.

Se che mentiron no 2011 incumprido todo o seu programa por qué no o van facer outra vez?
Ler máis

martes, 19 de mayo de 2015

#AsMentirasdeRamallo: un Auditorio multiusos e un hotel en Loira.



No ano 2011 o Partido Popular de Marín comprometíase no seu programa electoral a que de chegar ao goberno construiría un Auditorio multiusos na punta do Paseo Alcalde Blanco Solla. Catro anos despois atopámonos que nin Auditorio, nin proxecto, nin nada.
¡INCUMPRIDO!


A moi pilla de María Ramallo e o Partido Popular de Marín tamén comprometíanse no seu programa electoral de 2011 a rehabilitar "O Almacén" de Loira e construir nel un hotel. Catro anos despois atopámonos que non hai nin hotel, nin proxecto para facelo.
¡INCUMPRIDO!

Ler máis

lunes, 18 de mayo de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín contan "As mentiras de Ramallo".




Os mozos e mozas socialistas presentaron onte a “contracampaña electoral” denominada “As mentiras de Ramallo” na que a través de vídeos e cartaces recordaran aos veciños as promesas incumpridas polo goberno de María Ramallo.

O secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes Socialistas denunciou que “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.

Marín, 18 de maio de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron hoxe a “contracampaña electoral” ao Partido Popular, chamada "As mentiras de Ramallo". Mediante unha serie de vídeos e cartaces os mozos e mozas socialistas queren recordar aos veciños e veciñas de Marín as promesas imcumpridas polo goberno de María Ramallo e denunciar algunhas das prácticas populistas e electoralistas que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, demostran que "os marinenses foron estafados nestes 4 anos, onde Marín non só non medrou económicamente, senon que a maioría dos cartos públicos invertidos en turismo e festas foron despilfarrados sen ningún tipo de planificación". 

Según criticou Cortés "O PP pedíunos que a todos e todas que tiñamos que facer grandes esforzos para saír da crise mentres eles despilfarraban os cartos públicos en festas e subvencións cuxos únicos beneficiario foron os seus amiguetes e as empresas que lles rodean”.

Dende Xuventudes Socialistas de Galicia tamén quixeron respaldar aos seus compañeiros. O secretario xeral das XSGalicia asegurou que “esta campaña é moi importante, porque temos que sacar as caroutas ás que o Partido Popular nos ten acostumados. Non só aquí en Marín, tamén no goberno de Estado e no goberno de Galicia. O señor Rajoy e o señor Feijóo acostuman a ter un plan A e despois un programa B como súas contas”.

As mentiras de Ramallo:

Un auditorio na punta do Paseo Alcalde Blanco Solla, un hotel en Loira, un centro de saúde rematado, a compra do edificio de “Baladrón”, dous aparcamentos soterrados ou un parque no río Lameira con embarcadoiro, bolsas para estudantes sen recursos ou a remodelación da barriada de San Pedro, son algúns dos proxectos que o Partido Popular de Marín vendeu no 2011 e que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín,  Nacho Cortés, “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.


Ao respecto destas promesas electorais, dende a organización xuvenil apuntaron que “atrevéronse a mentir con propostas inviables no 2011, agora no 2015 queren seguir tomándolle o pelo a xente movendo o suposto auditorio de emprazamento coma se fose un ficha de parchis”. Prometeron a reforma da barriada de San Pedro e catro anos despois sigue igual non, moito peor, esperando a súa promesa de remodelación. Pero por se fose pouco no 2011 aseguraban que ían dar bolsas para estudantes sen recursos e onde están? O único que vemos a mocidade marinense son os recortes do PP nas nosas cuantías das becas que a moitos nos impiden poder continuar os nosos estudos.”

Nacho Cortés destacou ademais que o incumprimento do programa electoral do PP “foi porque non quixeron facer máis aló dos proxectos que o PSOE de Marín deixou preparados. En 2011 contaban cun Concello saneado económicamente, e tiveron nas administracións superiores aos seus compañeiros de partido e puideran lograr moitas cousas para Marín, pero non, preferiron vivir de rentas”.

Os mozos e mozas socialistas estiveron acompañados pola candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Marín, que encabeza Luz Santiago, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, os cales se sumaron ás críticas contra “as políticas das mentiras e dos recortes” levadas a cabo polo Partido Popular.

 A candidata socialista á alcaldía de Marín, Luz Santiago, engadiu que “nin desenvolveron o PXOM que lle deixamos listo para a súa aprobación; nin conseguiron ter rematado o novo centro de saúde catro anos despois de chegar ao goberno cando xa tiñan o solar, había os cartos e estaba o seu partido nas presidencias do goberno autonómico e estatal. Tiveron que pasar catro anos para que comecen agora as obras; tampouco traballaron por desenvolver os proxectos e conseguir moitas das axudas económicas que lles deixamos pendentes para poñer Marín a punto, só se adicaron a incumprir o seu programa, a perder axuda tras axuda económica e vivir do xa feito. Qué nos pode esperar dun goberno do PP que xa esgotou todo o que tiña por facer e non ten nin un programa que poida cumprir”.

As Xuventudes Socialistas de Marín desenvolverán a súa campaña tanto na rede a través da súa web, do Facebook e Twitter, coma nas rúas e parroquias de Marín nos diferentes repartos de campaña que realizarán xunto coa candidatura socialista.








Ler máis

sábado, 10 de enero de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín tildan de “irresponsables” ao PP ante a negativa de aprobar as melloras do servizo de bus Marín-Pontevedra.



O secretario xeral, Nacho Cortés quiso respostar hoxe ao grupo do goberno municipal do PP de Marín ante a negativa de aprobar a moción na que se esixen diversas melloras para a liña de servizo que conectar Marín coa cidade do Lérez:

Medidas que inclúe a moción das Xuventudes Socialistas de Marín:

1.    Trasladar á Xunta de Galicia e ao seu presidente o Sr. Núñez Feijoo a petición da Corporación Municipal de Marín para que sexa retomado o servizo de Noitebús entre as localidades de Marín e Pontevedra, porque consideramos que este servizo demostrou a súa eficacia cara a mellora da seguridade viaria e a redución de accidentes de tráfico especialmente entre os xóvenes diminuindo a condución de madrugada en situación de risco.

2.    Que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo. Dita ampliación consistiría en que de luns a domingo o servizo entre Marín e Pontevedra se preste ata ás 12 da noite, ainda que sexa cunha menor frecuencia de pasada a partir das 22:00h.
Para o fin de semana que se solicite un adianto na hora de saída do primeiro bus con destino Marín ás 06:00h da mañá (actualmente é as 07:00h).

3.    Que o Concello de Marín impulse coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra (como mediador provincial cos Concellos) a creación en Pontevedra e arredores dunha área metropolitana de transporte, coma xa sucede nas ciudades da Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago. Mediante a creación de dita área metropolitana de transporte se podería acadar para os veciños de Marín un prezo por cada viaxe que rondaría entre os 71 e os 84 céntimos, o cal suporía unha evidente mellora sobre o prezo actual que é de 1,40 €, o que repercutiría moi positivamente na economía dos veciños de Marín.

NEGATIVA A NEGOCIAR A REPOSICIÓN DO NOITEBÚS

O PP local negouse no día de onte a poñer en marcha este plan de actuación que repercutiría positivamente en todos os veciños e veciñas: baixada do prezo, melloras horarias e na seguridade viaria para a mocidade. Ramallo e o seu equipo non queren negociar coa Xunta de Galicia o restablecemento do servizo de Noitebús, dende a organización socialista, o secretario xeral das XSG- Marín respostoulles que: “isto que acaban de facer é unha irreponsabilidade e non me veñan con excusas, o servizo de Noitebús demostrou que contribúe eficazmente  á seguridade viaria dos mozos e mozas e tamén a ser unha garantía de igualdade entre os rapaces, pois non todos temos coche propio ou os mesmos recursos económicos”.

 “Parecemeu indignante e unha irresponsabilidade que no seu día Feijóo recortase este servizo, e agora paréceme aínda máis indignante que a alcadesa e o seus concelleiros sexan uns vendidos ante o Presidente da Xunta e pretendan lavarse as mans, escusarse e non facer nada a prol de garantizar a seguridade viaria de todos e todas” engadiu o líder da agrupación local das Xuventudes Socialistas.

 Os mozos e mozas socialistas aseguran que “esta moción pretendía garantizar a seguridade viaria da mocidade de Marín, o PP non apoia a moción porque foi Feijóo quen suprimiu o noitebús. Vostedes están co partido e non coa xente”.

A seguridade viaria dos mozos non se pode medir en rendabilidade económica, ¿ten que pasar algo nas estradas para que actúen? Preguntáronse os membros da executiva local das XSG-Marín

O PP ESCÚSASE DESTA IRRESPONSABILIDADE

Respecto ás declaracións de membros do grupo Municipal do PP de que “hay que tratar de que la gente se quede y se divierta en Marín, y no potenciar que se vayan a Pontevedra", o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés respostou que  “deberían tomar nota de outros concellos de Galicia onde si se restableceu o Noitebus nalgúns períodos do ano coma o verán e con moito éxito. So lle están a sacar o lado negativo a isto, pero hai moita a xente que quere vir ás festas do Carme ou a outras actividades deportivas e culturais e non poden porque para voltar a Pontevedra non hai servizo de bus durante a noite. Así como vai vir a xente?”

Cortés mostrouse moi crítico ante estas declaracións do grupo de goberno: “A xente non vai vir a Marín mentres vostedes continúen sen propiciar a aparición de iniciativas privadas de ocio, Marín morre porque a vosa incompetencia impide que poidamos estudar ou salir de marcha aquí. Creranse vostedes que catro hinchables nas praias e un tren navideño que da voltas por Marín é todo o maravilloso que están a facer pola mocidade, con eses cartos mal gastados melloraban a biblioteca ou creaban emprego para os mozos e mozas da vila. Está claro cales son as súas prioridades”

NECESIDADE DE ACTUACIÓN NO SERVIZO E “PASOTISMO” DO PP.

Finalmente o secretario xeral das XSG-Marín quiso destacar que as melloras no servizo de bus son necesarias e que o debate deste tema e as propostas que se poidan levar a cabo en beneficio de todos os marinenses teñen que ser ben recibidas, pero mostrouse preocupado porque “nin a alcaldesa nin o seu equipo de goberno se puso na pel dos veciños e veciñas nestes tres anos de goberno, non fixeron nada, sendo conscientes da moita xente maior, persoas en situación de desemprego ou estudantes que día a día teñen que utilizar este servizo co enorme custo que supón”.

Ao que engadiu “vostedes falaron con Monbus despois de que presentásemos esta moción, pero ata entón non lles importou o que pasase co servizo de bus que conecta Marín e Pontevedra”

SUCESO ACONTECIDO O DÍA DE ANINOVO NO SERVIZO DE BUS EN MARÍN:

Remitimos ademáis unha queixa veciñal que se publicou no blog de Angel Carragal, e que demostra a desinformación do Concello ante esta problemática do bus.

"Na mañán día día primeiro do ano tiñamos que ir a Pontevedra e estuvimos na parada de Marín desde as 10,10. Entre a xente que alí estabamos había alguns rapaces e rapazas que pasaran a noite de fin de ano en Marin e querían volver a Pontevedra. Despois de unha espera hasta as 11,30 un dos xóvenes chamou a empresa  e lle dixeron que non había servicio ata as 16,30 horas. ¡Así se consigue que a xuventude non colla o coche  como di a publicidade de tráfico! Imaxinamos que un servicio publico  non pode funcionar así e desde o Concello esperamos que se  faga unha protesta publica ante esa "maravillosa" empresa. Si queremos que a xente veña a Marin con este servicio público funcionando así imos ven. Manán iremos a Consumo a facer a reclamación pertinente."




Ler máis

domingo, 4 de enero de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín recadan 1.500 quilos de comida para os máis necesitados.


O secretario xeral das XSG-Marín, Nacho Cortés, declarou que “o éxito rotundo demostra a solidaridade da xente de Marín, pero non debemos esquecer que as necesidades da xente son moi grandes e seguen a medrar  debido á falta de emprego e ás políticas de recortes e desmantelemento do estado de benestar que está a levar a cabo o PP”

“O noso compromiso e vontade é de cambiar esta realidade, e con este tipo de accións solidarias estamos a substituir e facer o que é traballo do goberno do señor Rajoy e o señor Feijóo” engadiron dende a agrupación local das Xuventudes Socialistas.
                                                                                               
                                                                                           
DOCE AGASALLO DE REIS ANTICIPADO


A chocolatada solidaria celebrada onte na Alameda puso fin á II campaña de
recollida de alimentos “Comparte o nadal” organizada polas Xuventudes Socialistas de Marín, onde ademáis de repartir chocolate e café quente a cambio de entregas quilos de alimentos ou produtos de hixiene tamén se realizou unha rifa solidaria dunha cesta de xoguetes. O entorno do palco da música da Alameda convertiuse nun punto de encontro entre os veciños. Unha vez rematada, a agrupación marinense de Xuventudes Socialistas xunto ao PSdeG-PSOE de Marín fixeron honra ao nome da campaña e entregaron no comedor social da vila de máis de 60 litros de chocolate quente, leite e café coa fin de que nestas festas os que menos teñen poidan disfrutar dun nadal algo máis doce.

TONELADA E MEDIA DE SOLIDARIDADE

En canto ao balance da recollida de alimentos polas rúas de Marín, as Xuventudes Socialistas de Marín conseguiron recadar 1.500 quilos de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene corporal para as asociacións benéficas marinenses Cáritas, Amenac e grupo Sor Elvira. Dende a organización sinalaron atoparse contentos e satisfeitos coa resposta da xente na rúa e nos establecementos onde fixeron a recollida: “Un ano máis, Marín é a súa xente son un exemplo da solidariedade entre veciños”.


O secretario xeral das XSG-Marín, Nacho Cortés quiso agradecer a colaboración veciñal e apuntou que “o éxito rotundo demostra a solidaridade da xente de Marín, pero non debemos esquecer que as necesidades da xente son moi grandes  debido á falta de emprego e ás políticas de recortes e desmantelemento do estado de benestar que está a levar a cabo o PP”

Dende a organización sinalaron que “O noso compromiso e vontade e de cambiar esta realidade, e con este tipo de accións solidarias estamos a substituir o que é o goberno do señor Rajoy e o señor Feijóo deberían facer”

“Estamos lexitimados para destacar esta crítica, porque nós estamos cos que sofren as consecuencias  porque unha vez máis demostramos que os socialistas estamos coa xente do pobo, cos que sofren e sufrimos as consecuencias das políticas do PP e queremos cambiar esta situación” apuntaron dende a agrupación local das Xuventudes Socialistas.


Ademáis, Nacho Cortés, o líder das Xuventudes Socialistas de Marín asegurou que  “Rajoy minte cando di que estamos a saír da crise, pode dicir misa, pero a exclusión social e a pobreza segue a aumentar considerablemente e na rúa nin hai traballo nin hai cartos nas familias”.


 O secretario xeral das XSG Marín quixo agradecer tamén a labor que están a levar colectivos como Cáritas, o Comedor Social, SOS Marín, Amenac ou o grupo de Sor Elvira: “o importante é axudar, sexa cal sexa o colectivo, a colaboración con estas entidades é moi importante, pois toda axuda é pouca nestes momentos coas altas cifras de paro na vila e centos de familias con nenos pequenos que non teñen que comer”.

Dende Xuventudes Socialistas de Marín quixeron agradecer de forma especial todo o apoio loxístico recibido por Dibay e a xoguetería-libraría Bule Bule, así coma tamén a todos os veciños e veciñas que participaron e se implicaron na campaña.



Ler máis

viernes, 2 de enero de 2015

As XSG-Marín respostan ao PP marinense ante a negativa de aprobar a moción de melloras do servizo de bus Marín-Pontevedra.


Os mozos e mozas socialistas presentaron hai semanas unha moción no rexistro do Concello que se debatirá no pleno da vindeira semana na que exisirán diversas medidas para que mellore a calidade do servizo e disminúa o prezo do billete do autobús na liña Marín-Pontevedra.

O secretario xeral, Nacho Cortés quiso respostar hoxe ao grupo do goberno municipal ante a negativa de aprobar a moción, negándose o PP marinense a negociar coa Xunta o restablecemento do servizo de Noitebús:“non me veñan con excusas, o servizo de Noitebús demostrou que contribúe eficazmente  á seguridade viaria dos mozos e mozas e tamén a ser unha garantía de igualdade entre os rapaces, pois non todos temos coche propio ou os mesmos recursos económicos” afirmou Cortés.

 “Parecemeu indignante e unha irresponsabilidade que no seu día Feijóo recortase este servizo, e agora paréceme aínda máis indignante que a alcadesa e o seus concelleiros sexan uns vendidos ante o presidente da xunta e pretendan lavarse as mans e non facer nada ante esta demanda” engadiu o líder da agrupación locas das Xuventudes Socialistas.

 Dende a organización aseguran que “se esta moción non se aproba demostrarase unha vez máis a valía que ten a palabra do señor Feijóo e o medo que lles xenera a Ramallo e o seu equipo. Están co partido e non coa xente”.

Respecto ás declaracións de membros do grupo municipal do PP de que “hay que tratar de que la gente se quede y se divierta en Marín, y no potenciar que se vayan a Pontevedra", o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, respostou que  “deberían tomar nota de outros concellos de Galicia onde si se restableceu o Noitebus nalgúns períodos do ano coma o verán e con moito éxito. So lle están a sacar o lado negativo a isto, pero hai moita a xente que quere vir ás festas do Carme ou a outras actividades deportivas e culturais e non poden porque para voltar a Pontevedra non hai servizo de bus durante a noite. Así como vai vir a xente?”

Cortés mostrouse moi crítico ante estas declaracións do grupo de goberno: “A xente non vai vir a Marín mentres vostedes continúen sen propiciar a aparición de iniciativas privadas de ocio, Marín morre porque a vosa incompetencia impide que poidamos estudar ou salir de marcha aquí. Creranse vostedes que catro hinchables nas praias e un tren navideño que da voltas por Marín é todo o maravilloso que están a facer pola mocidade, con eses cartos mal gastados melloraban a biblioteca ou creaban emprego para os mozos e mozas da vila. Está claro cales son as súas prioridades”

Finalmente o secretario xeral das XSG-Marín quiso destacar que as melloras no servizo de bus son necesarias e que o debate deste tema e as propostas que se poidan levar a cabo en beneficio de todos os marinenses teñen que ser ben recibidas, pero mostrouse preocupado porque “nin a alcaldesa nin o seu equipo de goberno se puso na pel dos veciños e veciñas nestes tres anos de goberno, non fixeron nada, sendo conscientes da moita xente maior, persoas en situación de desemprego ou estudantes que día a día teñen que utilizar este servizo co enorme custo que supón”.

Remitimos ademáis unha queixa veciñal que se publicou no blog de Angel Carragal, e que demostra a desinformación do Concello ante esta problemática do bus.


"Na mañán do día primeiro do ano tiñamos que ir a Pontevedra e estuvimos na parada de Marín desde as 10,10. Entre a xente que alí estabamos había alguns rapaces e rapazas que pasaran a noite de fin de ano en Marin e querían volver a Pontevedra. Despois de unha espera hasta as 11,30 un dos xóvenes chamou a empresa  e lle dixeron que non había servicio ata as 16,30 horas. ¡Así se consigue que a xuventude non colla o coche  como di a publicidade de tráfico! Imaxinamos que un servicio publico  non pode funcionar así e desde o Concello esperamos que se  faga unha protesta publica ante esa "maravillosa" empresa. Si queremos que a xente veña a Marin con este servicio público funcionando así imos ven. Manán iremos a Consumo a facer a reclamación pertinente."



Medidas que inclúe a moción das Xuventudes Socialistas de Marín:

1.    Trasladar á Xunta de Galicia e ao seu presidente o Sr. Núñez Feijoo a petición da Corporación Municipal de Marín para que sexa retomado o servizo de Noitebús entre as localidades de Marín e Pontevedra, porque consideramos que este servizo demostrou a súa eficacia cara a mellora da seguridade viaria e a redución de accidentes de tráfico especialmente entre os xóvenes diminuindo a condución de madrugada en situación de risco.

2.    Que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo.
Dita ampliación consistiría en que de luns a domingo o servizo entre Marín e Pontevedra se preste ata ás 12 da noite, ainda que sexa cunha menor frecuencia de pasada a partir das 22:00h.
Para o fin de semana que se solicite un adianto na hora de saída do primeiro bus con destino Marín ás 06:00h da mañá (actualmente é as 07:00h).

3.    Que o Concello de Marín impulse coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra (como mediador provincial cos Concellos) a creación en Pontevedra e arredores dunha área metropolitana de transporte, coma xa sucede nas ciudades da Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago. Mediante a creación de dita área metropolitana de transporte se podería acadar para os veciños de Marín un prezo por cada viaxe que rondaría entre os 71 e os 84 céntimos, o cal suporía unha evidente mellora sobre o prezo actual que é de 1,40 €, o que repercutiría moi positivamente na economía dos veciños de Marín.



Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates