domingo, 28 de diciembre de 2014

Sábado solidario das Xuventudes Socialistas de Marín.

As Xuventudes Socialistas de Marín dispersáronse xunto a un grupo de veciños voluntarios polas rúas de Marín e Seixo.
Xuventudes Socialistas de Marín recollendo alimentos
nas rúas de Marín.


Próxima cita: sábado 3 de xaneiro na Alameda Rosalía de Castro

Ler máis

viernes, 26 de diciembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín intensifican a súa recollida de alimentos benéfica nas rúas de Marín.

A recollida de alimentos que están a realizar os mozos e mozas socialistas baixo o nome de “Comparte o Nadal” xa recaudou nun só día 500 quilos de alimentos que foron doados ás asociacións benéficas marinenses Cáritas, Sor Elvira e Amenac.


                                                        Marín, 26 de decembro de 2014


As Xuventudes Socialistas de Marín xa recolleron máis de 500 quilos de alimentos non perecedeiros e productos de hixiene corporal. Na súa 2ª edición, os mozos e mozas socialistas están axudar ás asociacións benéficas de Marín, Cáritas, Sor Elvira e Amenac.

Dende a organización socialista pretenden intensificar a súa actividade da campaña solidaria “Comparte o Nadal” este sábado, e para iso levarán a cabo a recollida de alimentos en diversos puntos de Marín, contando ademáis coa participación de veciños e veciñas voluntarios.

As Xuventudes Socialistas recollerán alimentos durante a mañá do vindeiro sábado no multiusos da Praza de Abastos e na rúa Camiño Vello en Seixo, ademáis durante todo o día estarán na rúa Concepción Arenal (preto do Grupo Escolar e o supermercado Mercadona) entre outros puntos da vila. A esta iniciativa sumarase a chocolatada e rifa solidaria que se celebrará o vindeiro sábado 3 de xaneiro na Alameda.

 As XSG- Marín agradeceron a colaboración de cidadáns voluntarios na campaña e animan aos veciños e veciñas a participar nesta actividade e nas vindeiras a realizar coma será a chocolatada e rifa solidaria que se fará o vindeiro sábado 3 de xaneiro.








Ler máis

sábado, 20 de diciembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín recollen alimentos na súa II campaña solidaria “Comparte o Nadal”.

A recollida de alimentos terá lugar entre os días 20 de decembro e 4 de xaneiro, todo o recaudado será doado ás asociacións benéficas marinenses Cáritas, Sor Elvira e Amenac.

“A crise non rematou, necesidades tan básicas coma comer ou ter un teito onde durmir parecen un privilexio e non o son, son dereitos que dende a política deben garantizarse. Porque sí, a pobreza e a desigualdade social son unha cuestión política aínda que moitos non o queiran ver así”.

                                                        Marín, 20 de decembro de 2014


As Xuventudes Socialistas de Marín xa comezaron a recoller alimentos non perecedeiros nas rúas de Marín. Na súa 2ª edición, os mozos e mozas socialistas esperan axudar ás tres principais asociacións benéficas de Marín, Cáritas, Sor Elvira e Amenac, e para iso ademáis da recollida de alimentos nos supermercados farán unha chocolatada solidaria e unha rifa solidaria, coa fin de implicar o máximo posible a todos os veciños e veciñas de Marín que xa o ano pasado, mesmo habendo moitas campañas benéficas a solidaridade dos marinenses foi exemplar” apuntou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.

A campaña “Comparte o Nadal” comezou hoxe na rúa Méndez Núñez onde instalaron unha pequena carpa. A recollida ten previsto continuar durante as festas navideñas, destacando o día 27 de decembro que se instalarán no entorno da Praza de Abastos e simultáneamente tamén en outros puntos da vila ao longo da mañá e da tarde coa fin de acadar así o máximo número de quilos posibles para que este Nadal “todos e todas os marinenses teñan que levarse á boca”. No mes de xaneiro teñen previsto realizar unha chocolatada e unha rifa solidaria coa cal premiar a solidariedade dos marinenses a cambio quilos de comida ou productos de hixiene.


O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés asegurou ao respecto que “este ano quixemos incluir algunha actividade máis, para incentivar e implicar ao máximo as veciños e veciñas de Marín, porque somos conscientes da demanda que hai nestes colectivos que axundan a moitos centos de familias de Marín con necesidades e que precisan todo o apoio posible”


Porén, ademáis da recollida de alimentos en supermercados e nas rúas farán o vindeiro mes de xaneiro unha chocolatada e rifa solidaria: “A idea de facer unha chocolatada e unha rifa solidaria xurde tamén con outras iniciativas de carácter benéfico e solidario que queremos facer en vindeiras convocatorias, a finalidade e colaborar e dar visibilidade a estes colectivos, non só en nadal se non tamén o resto do ano, un compromiso que tamén que queremos reivindicar”

Dende a organización socialista apuntaron tamén que “É de agradecer o que as asociacións sociais e culturais de Marín están a facer a prol destes colectivos coma son as diferentes galas benéficas e recollidas de xoguetes ou alimentos a realizarse estes días, pois nestes momentos temos que estar máis xuntos que nunca”.

O secretario xeral, Nacho Cortés quixo resaltar que a crise non rematou, necesidades tan básicas coma comer ou ter un teito onde durmir parecen un privilexio e non o son, son dereitos que dende a política deben garantizarse. Porque sí, a pobreza e a desigualdade social son unha cuestión política aínda que moitos non o queiran ver así”.

 As XSG- Marín colgarán na rede o calendario cos días e as tendas de alimentación nos que farán as diferentes recollidas de alimentos. Ademáis está prevista unha pegada de carteis en establecementos e espazos públicos de Marín, onde aqueles veciños que queiran colaborar terán os medios de contacto necesarios á súa disposición.

Facebook: Facebook.com/xuventudesmarin
Twitter: @XSGMarin

Finalmente fixeron un chamamento ao resto de asociacións e colectivos de veciños do municipio, prestándose a colaborar todo o posible en actividades veciñais.












Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates