miércoles, 26 de marzo de 2014

Homenaxe a Emilia Pardo Bazán en Marín.

Ler máis

Acto na honra de Emilia Pardo Bazán e recollida de firmas a prol dunha Biblioteca Municipal en condicións.


Durante a mañá do vindeiro xoves 27 de marzo, nas inmediacións da Praza de España (preto do Bar Skala) membros das Xuventudes Socialistas de Marín, do PSdeG-PSOE de Marín e  membros das Xuventudes Socialistas de Galicia estaremos recollendo firmas para a  mellora da Biblioteca e a habilitación de locais de estudo. Entre os asistentes a os actos que as XSG Marín realizarán estan: Aitor Bouza, secretario xeral das XSGalicia  e Silvia Neira, portavoz provincial das XSGalicia e Laura Requejo, secretaria de igualdade das XSG, entre outros. 
Ás 16.30 na Alameda realizaremos un acto na honra de Emilia Pardo Bazán, a secretaria de igualdade das XSG leerá un manifesto, e posteriormente levarase a cabo unha pegada de carteis, nos espazos autorizados polo Concello, sobre a campaña das XSG contra a lei 
Gallardón. 
Ao remate, a recollida de firmas continuara nas inmediacións da Alameda Rosalía de 
Castro e tamén na Biblioteca Municipal. 



Ler máis

As Xuventudes Socialistas de Marín solicitan que o Concello se sume o vindeiro sábado á iniciativa da Hora do Planeta.


Os mozos e mozas socialistas quixeron facer un chamamento tamén para que todos os veciños e veciñas se sumen a esta iniciativa: “un xesto simbólico que impulsa a nivel mundial a Organización Ecoloxista WWF, e que este ano terá lugar este sábado 29 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas”.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín declarou que cada ano, moitísimas cidades de todo o mundo amosan o seu apoio a esta campaña apagando as luces dos seus principais monumentos e edificios, Marín non debe ser menos”.



As Xuventudes Socialistas de Marín solicitaron mediante unha petición por rexistro que o Concello de Marín secunde o próximo 29 de marzo a iniciativa que todos os anos a Organización Ecoloxista WWF leva a cabo. A agrupación local de Xuventudes Socialistas quere destacar a importancia de que non so os veciños secunden esta iniciativa, senon  tamén que as administracións locais deben dar exemplo para concenciar sobre a importancia que ten o aforro enerxético.

O secretario xeral das XSG Marín, Nacho Cortés, pide “ao actual goberno local que se  fomente o uso eficiente dos recursos enerxéticos, e se aposte por tomar medidas de aforro enerxético nas instalacións municipais e na vila”.  “O Concello ten que poñerse ás pilas neste ámbito porque a crecente subida do recibo da auga e do lixo, buscar conflictos cos donos de cans na contra de apostar por políticas que non dividan aos marinenses, ou que ENCE patrocine eventos locais, non é política de medioambiente e benestar social, se non todo o contrario, un atentado contra os benestar dos veciños”, añadiu Cortés.

Dende a organización consideran que “todos e todas temos un papel crucial na consecución de cambios de xestión, na loita contra o Cambio Climático, no cambio do modelo enerxético e tamén para un acadar un desenvolvemento sostible, pero as Administracións Públicas son as encargadas de liderar ese cambio de actitude: dende as institucións municipais, é onde se poden realizar os cambios en resposta a cuestións medioambientais coma estas, impulsando boas prácticas nas empresas e nos veciños, incentivando o consumo responsable e o uso responsable da electricidade”.

“As Entidades Públicas deben ser as primeiras en apostar pola eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións á cidadanía; Marín debe emprender a senda que a leve tamén a ser un exemplo de vila sostible, limpa e comprometida co medioambiente e a contorna natural que a rodea” concluía Nacho Cortés, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Marín.

Finalmente, os responsables das XSG Marín censuraron “a falta de compromiso dos gobernos do Partido Popular, dos Sres. Rajoy e Feijoo na loita contra o cambio climático, poñendo sobre a mesa a nova regulación do sector eléctrico, entendendo que España e Galicia están a camiñar na dirección contraria á normativa europea e a numerosos países europeos que están a apostar polas enerxías renovables como sector enerxético estratéxico.”

Para sumarse á iniciativa poderán facelo todos os/as cidadás que o desexen a través da páxina web: http://www.horadelplaneta.es/  
Ler máis

domingo, 9 de marzo de 2014

Recollida de firmas e propostas para a mellora da Biblioteca Municipal e a habilitación urxente de máis espazos para o estudo en change.org



Os mozos e mozas socialistas consideramos un gasto innecesario que o estudantes marinenses teñan que desprazarse a outras vilas para estudar, existindo en Marín os recursos necesarios para habilitar zonas para o estudo.

As Xuventudes Socialistas iniciamos unha recollida de firmas tanto na páxina change.org coma polas rúas de Marín para respaldar esta iniciativa de demanda popular.

 O pasado mes de novembro, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e as Xuventudes Socialistas de Marín acordarmos solicitar ao Pleno do Concello de Marín a adopción dun acordo no que se aumenten por este concello os recursos da biblioteca municipal, se habiliten locais de estudo  en 2 espazos (coma mínimo) e se incremente o seu horario e o da biblioteca no período de exames. Ademáis instaron á Concelleira de Cultura a traballar pola mellora da Biblioteca municipal.  

As Xuventudes Socialistas de Marín consideramos que:

1- A biblioteca Vidal Pazos, quédase pequena xa para unha poboación de 26.000 habitantes e ante a crecente demanda e masificación deste servizo: nun único espazo, os estudantes se encontran coa xente que vai ler a prensa, os socios que van recoller e devolver os libros, os alumnos que van consultar manuais e os que queren estudar, o que fai que o barullo sexa constante e impida concentrarse nos estudos.

2- O Concello pode permitirse económicamente realizar contratacións para o mantemento de aulas de estudo, proba é a recente suba de salarios a algúns funcionarios afins ao PP.

3- Na actualidade o estudantado marinense enfróntase non só á modificación da Lei de Educación do Ministro Wert, á dilapidación do Consello Escolar do Concello por parte da nova Lei das Administracións Locais, e ás inexistentes reunións periódicas deste mesmo órgano no Concello de Marín, que demostran así o interese que ten o goberno do PP en coñecer e solucionar as necesidades e carencias dos estudantes, centros educativos e de ensinanzas da vila, ao que hai que sumar a carencia de medios que faciliten a súa formación e estudo.

4-  É de obriga por parte da actual Concelleira de Cultura buscar unha solución para que se poidan utilizar ou racionalizar os locais municipais existentes para que os estudantes de Marín poidan acceder a ter salas de estudo.

5 - Débese incrementar ó horario da Biblioteca de Marín en períodos de exames: decembro-xaneiro, maio-xuño e primeira quincena de xullo; segunda quincena de agosto, e setembro. Sen compararnos con outras bibliotecas, como fixo a Concelleira Beatriz Rodríguez, posto que a Biblioteca Pública de Pontevedra non é a única que ten a cidade do Lérez, polo que a demanda de ampliación de horarios da biblioteca municipal nesa cidade é normal que non exista.

6- Mellorar os recursos tanto bibliográficos (manuais de dereito, diccionarios, obras básicas da literatura universal...) coma loxísticos que se encadran tanto na planta inferior coma no salón de actos.

7- Dinamización do Telecentro municipal pois é toda unha oportunidade para a formación dos marinenses e dende a chegada ao goberno do PP está a infrautilizarse. 

Finalmente, os mozos e mozas socialistas queremos concluir facendo un chamamento á Concelleira de cultura e a alcaldesa, María Ramallo: “non se escuden no que os gobernos anteriores fixeron ou deixaron de facer, e fagan vostedes, pois non fan falla moitos recursos, os espazos os teñen. Existen instalacións municipais, que con xestión e racionalización poden permitir habilitar salas para que os estudantes poidan estudar, pois é vergoñento que a actual Concelleira de Cultura, que no seu momento demandou dende as Novas Xeracións do Partido Popular a creación de locais de estudo, agora que está no goberno non queira facelo. 



Entra na páxina da petición, asina e posteriormente se o desexas fainos chegar as túas propostas, serán entregadas e presentadas no Concello.

Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates