lunes, 18 de mayo de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín contan "As mentiras de Ramallo".

As Xuventudes Socialistas de Marín contan "As mentiras de Ramallo".




Os mozos e mozas socialistas presentaron onte a “contracampaña electoral” denominada “As mentiras de Ramallo” na que a través de vídeos e cartaces recordaran aos veciños as promesas incumpridas polo goberno de María Ramallo.

O secretario xeral da agrupación marinense de Xuventudes Socialistas denunciou que “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.

Marín, 18 de maio de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron hoxe a “contracampaña electoral” ao Partido Popular, chamada "As mentiras de Ramallo". Mediante unha serie de vídeos e cartaces os mozos e mozas socialistas queren recordar aos veciños e veciñas de Marín as promesas imcumpridas polo goberno de María Ramallo e denunciar algunhas das prácticas populistas e electoralistas que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, demostran que "os marinenses foron estafados nestes 4 anos, onde Marín non só non medrou económicamente, senon que a maioría dos cartos públicos invertidos en turismo e festas foron despilfarrados sen ningún tipo de planificación". 

Según criticou Cortés "O PP pedíunos que a todos e todas que tiñamos que facer grandes esforzos para saír da crise mentres eles despilfarraban os cartos públicos en festas e subvencións cuxos únicos beneficiario foron os seus amiguetes e as empresas que lles rodean”.

Dende Xuventudes Socialistas de Galicia tamén quixeron respaldar aos seus compañeiros. O secretario xeral das XSGalicia asegurou que “esta campaña é moi importante, porque temos que sacar as caroutas ás que o Partido Popular nos ten acostumados. Non só aquí en Marín, tamén no goberno de Estado e no goberno de Galicia. O señor Rajoy e o señor Feijóo acostuman a ter un plan A e despois un programa B como súas contas”.

As mentiras de Ramallo:

Un auditorio na punta do Paseo Alcalde Blanco Solla, un hotel en Loira, un centro de saúde rematado, a compra do edificio de “Baladrón”, dous aparcamentos soterrados ou un parque no río Lameira con embarcadoiro, bolsas para estudantes sen recursos ou a remodelación da barriada de San Pedro, son algúns dos proxectos que o Partido Popular de Marín vendeu no 2011 e que según o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín,  Nacho Cortés, “ao igual que Rajoy, unha vez chegaron ao goberno non só renegaron das súas propostas electorais polas que os veciños e veciñas os votaron, senon que tomaron por parvos a todos os que o fixeron mentíndolles con eternas promesas”.


Ao respecto destas promesas electorais, dende a organización xuvenil apuntaron que “atrevéronse a mentir con propostas inviables no 2011, agora no 2015 queren seguir tomándolle o pelo a xente movendo o suposto auditorio de emprazamento coma se fose un ficha de parchis”. Prometeron a reforma da barriada de San Pedro e catro anos despois sigue igual non, moito peor, esperando a súa promesa de remodelación. Pero por se fose pouco no 2011 aseguraban que ían dar bolsas para estudantes sen recursos e onde están? O único que vemos a mocidade marinense son os recortes do PP nas nosas cuantías das becas que a moitos nos impiden poder continuar os nosos estudos.”

Nacho Cortés destacou ademais que o incumprimento do programa electoral do PP “foi porque non quixeron facer máis aló dos proxectos que o PSOE de Marín deixou preparados. En 2011 contaban cun Concello saneado económicamente, e tiveron nas administracións superiores aos seus compañeiros de partido e puideran lograr moitas cousas para Marín, pero non, preferiron vivir de rentas”.

Os mozos e mozas socialistas estiveron acompañados pola candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Marín, que encabeza Luz Santiago, e o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, os cales se sumaron ás críticas contra “as políticas das mentiras e dos recortes” levadas a cabo polo Partido Popular.

 A candidata socialista á alcaldía de Marín, Luz Santiago, engadiu que “nin desenvolveron o PXOM que lle deixamos listo para a súa aprobación; nin conseguiron ter rematado o novo centro de saúde catro anos despois de chegar ao goberno cando xa tiñan o solar, había os cartos e estaba o seu partido nas presidencias do goberno autonómico e estatal. Tiveron que pasar catro anos para que comecen agora as obras; tampouco traballaron por desenvolver os proxectos e conseguir moitas das axudas económicas que lles deixamos pendentes para poñer Marín a punto, só se adicaron a incumprir o seu programa, a perder axuda tras axuda económica e vivir do xa feito. Qué nos pode esperar dun goberno do PP que xa esgotou todo o que tiña por facer e non ten nin un programa que poida cumprir”.

As Xuventudes Socialistas de Marín desenvolverán a súa campaña tanto na rede a través da súa web, do Facebook e Twitter, coma nas rúas e parroquias de Marín nos diferentes repartos de campaña que realizarán xunto coa candidatura socialista.








Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates