sábado, 10 de enero de 2015

As Xuventudes Socialistas de Marín tildan de “irresponsables” ao PP ante a negativa de aprobar as melloras do servizo de bus Marín-Pontevedra.

As Xuventudes Socialistas de Marín tildan de “irresponsables” ao PP ante a negativa de aprobar as melloras do servizo de bus Marín-Pontevedra.



O secretario xeral, Nacho Cortés quiso respostar hoxe ao grupo do goberno municipal do PP de Marín ante a negativa de aprobar a moción na que se esixen diversas melloras para a liña de servizo que conectar Marín coa cidade do Lérez:

Medidas que inclúe a moción das Xuventudes Socialistas de Marín:

1.    Trasladar á Xunta de Galicia e ao seu presidente o Sr. Núñez Feijoo a petición da Corporación Municipal de Marín para que sexa retomado o servizo de Noitebús entre as localidades de Marín e Pontevedra, porque consideramos que este servizo demostrou a súa eficacia cara a mellora da seguridade viaria e a redución de accidentes de tráfico especialmente entre os xóvenes diminuindo a condución de madrugada en situación de risco.

2.    Que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo. Dita ampliación consistiría en que de luns a domingo o servizo entre Marín e Pontevedra se preste ata ás 12 da noite, ainda que sexa cunha menor frecuencia de pasada a partir das 22:00h.
Para o fin de semana que se solicite un adianto na hora de saída do primeiro bus con destino Marín ás 06:00h da mañá (actualmente é as 07:00h).

3.    Que o Concello de Marín impulse coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra (como mediador provincial cos Concellos) a creación en Pontevedra e arredores dunha área metropolitana de transporte, coma xa sucede nas ciudades da Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago. Mediante a creación de dita área metropolitana de transporte se podería acadar para os veciños de Marín un prezo por cada viaxe que rondaría entre os 71 e os 84 céntimos, o cal suporía unha evidente mellora sobre o prezo actual que é de 1,40 €, o que repercutiría moi positivamente na economía dos veciños de Marín.

NEGATIVA A NEGOCIAR A REPOSICIÓN DO NOITEBÚS

O PP local negouse no día de onte a poñer en marcha este plan de actuación que repercutiría positivamente en todos os veciños e veciñas: baixada do prezo, melloras horarias e na seguridade viaria para a mocidade. Ramallo e o seu equipo non queren negociar coa Xunta de Galicia o restablecemento do servizo de Noitebús, dende a organización socialista, o secretario xeral das XSG- Marín respostoulles que: “isto que acaban de facer é unha irreponsabilidade e non me veñan con excusas, o servizo de Noitebús demostrou que contribúe eficazmente  á seguridade viaria dos mozos e mozas e tamén a ser unha garantía de igualdade entre os rapaces, pois non todos temos coche propio ou os mesmos recursos económicos”.

 “Parecemeu indignante e unha irresponsabilidade que no seu día Feijóo recortase este servizo, e agora paréceme aínda máis indignante que a alcadesa e o seus concelleiros sexan uns vendidos ante o Presidente da Xunta e pretendan lavarse as mans, escusarse e non facer nada a prol de garantizar a seguridade viaria de todos e todas” engadiu o líder da agrupación local das Xuventudes Socialistas.

 Os mozos e mozas socialistas aseguran que “esta moción pretendía garantizar a seguridade viaria da mocidade de Marín, o PP non apoia a moción porque foi Feijóo quen suprimiu o noitebús. Vostedes están co partido e non coa xente”.

A seguridade viaria dos mozos non se pode medir en rendabilidade económica, ¿ten que pasar algo nas estradas para que actúen? Preguntáronse os membros da executiva local das XSG-Marín

O PP ESCÚSASE DESTA IRRESPONSABILIDADE

Respecto ás declaracións de membros do grupo Municipal do PP de que “hay que tratar de que la gente se quede y se divierta en Marín, y no potenciar que se vayan a Pontevedra", o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés respostou que  “deberían tomar nota de outros concellos de Galicia onde si se restableceu o Noitebus nalgúns períodos do ano coma o verán e con moito éxito. So lle están a sacar o lado negativo a isto, pero hai moita a xente que quere vir ás festas do Carme ou a outras actividades deportivas e culturais e non poden porque para voltar a Pontevedra non hai servizo de bus durante a noite. Así como vai vir a xente?”

Cortés mostrouse moi crítico ante estas declaracións do grupo de goberno: “A xente non vai vir a Marín mentres vostedes continúen sen propiciar a aparición de iniciativas privadas de ocio, Marín morre porque a vosa incompetencia impide que poidamos estudar ou salir de marcha aquí. Creranse vostedes que catro hinchables nas praias e un tren navideño que da voltas por Marín é todo o maravilloso que están a facer pola mocidade, con eses cartos mal gastados melloraban a biblioteca ou creaban emprego para os mozos e mozas da vila. Está claro cales son as súas prioridades”

NECESIDADE DE ACTUACIÓN NO SERVIZO E “PASOTISMO” DO PP.

Finalmente o secretario xeral das XSG-Marín quiso destacar que as melloras no servizo de bus son necesarias e que o debate deste tema e as propostas que se poidan levar a cabo en beneficio de todos os marinenses teñen que ser ben recibidas, pero mostrouse preocupado porque “nin a alcaldesa nin o seu equipo de goberno se puso na pel dos veciños e veciñas nestes tres anos de goberno, non fixeron nada, sendo conscientes da moita xente maior, persoas en situación de desemprego ou estudantes que día a día teñen que utilizar este servizo co enorme custo que supón”.

Ao que engadiu “vostedes falaron con Monbus despois de que presentásemos esta moción, pero ata entón non lles importou o que pasase co servizo de bus que conecta Marín e Pontevedra”

SUCESO ACONTECIDO O DÍA DE ANINOVO NO SERVIZO DE BUS EN MARÍN:

Remitimos ademáis unha queixa veciñal que se publicou no blog de Angel Carragal, e que demostra a desinformación do Concello ante esta problemática do bus.

"Na mañán día día primeiro do ano tiñamos que ir a Pontevedra e estuvimos na parada de Marín desde as 10,10. Entre a xente que alí estabamos había alguns rapaces e rapazas que pasaran a noite de fin de ano en Marin e querían volver a Pontevedra. Despois de unha espera hasta as 11,30 un dos xóvenes chamou a empresa  e lle dixeron que non había servicio ata as 16,30 horas. ¡Así se consigue que a xuventude non colla o coche  como di a publicidade de tráfico! Imaxinamos que un servicio publico  non pode funcionar así e desde o Concello esperamos que se  faga unha protesta publica ante esa "maravillosa" empresa. Si queremos que a xente veña a Marin con este servicio público funcionando así imos ven. Manán iremos a Consumo a facer a reclamación pertinente."




Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates