lunes, 11 de agosto de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín presentan a campaña "+Biblioteca".

As Xuventudes Socialistas de Marín presentan a campaña "+Biblioteca".

A organización presentou a campaña "+Biblioteca" coa cal queren concluir a recollida de sinaturas e propostas de mellora da biblioteca municipal na rede.

O secretario xeral da agrupación, Nacho Cortés, declarou que "a nosa reiteración da necesidade de actuacións na Biblioteca Municipal está a ser avalada por todos os usuarios e veciños que están a participar na nosa recollida de firmas, que ademáis nos están a achegar moitas queixas pero tamén moitas propostas. Polo que facemos un balance moi positivo en canto á participación cidadá”



As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron a campaña "+Biblioteca" mediante a cal queren invitar a todos os usuarios da Biblioteca Municipal "Vidal Pazos" que aínda non asinaron na súa recollida de firmas nas rúas de Marín o fagan na plataforma  Change.org e por outra parte seguir sumando propostas de mellora para o edificio municipal.

 “Esta campaña vai servir como carta de presentación do que queremos levar a pleno mediante o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Marín, é unha mensaxe clara e directa ao goberno local do que os veciños e a mocidade da vila queren”

Os mozos e mozas socialistas quixeron agradecer o respaldo obtido e participación da xente ao longo destes meses na rúa, e fixeron saber que todas as propostas e suxerencias “serán recollidas nunha moción e que é froito da participación dos veciños e servirá para conseguir o que todos queremos que é unha biblioteca en condicións e mellor para Marín”


Dende a organización prefiriron non revelar o contido dese documento dado que aínda non está pechado, pero Cortés asegurou que “hai demandas que se levan facendo dende fai moito tempo por usuarios e traballadores do centro que son irrenunciables", e que a presentarán e levarán a pleno o vindeiro mes.


Para a participación na campaña "+Biblioteca", as Xuventudes Socialistas de Marín quixeron poñer á disposición dos veciños un correo electrónico: marin@xsgalicia.org coa fin de poder recibir suxerencias e propostas. E para asinar e respaldar a súa petición en Change.org encontrase máis información no seu blog: xuventudesmarin.blogspot.com


Share This

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates